Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

01/06/22 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes da Mariña os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde en Ribadeo, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

01/06/22 | 15:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia e DATAlife analizan a madurez dixital do sector primario a través do proxecto transfronteirizo Hiba

Durante o evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación e o hub de innovación dixital DATAlife en colaboración con Big Data Value Association e o Clúster TIC Galicia, presentáronse os resultados da diagnose da industria agroalimentaria en materia de dixitalización para plantexar solucións dixitais orientadas ás necesidades do sector

01/06/22 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Barcelona a importancia do sector loxístico na boa marcha das exportacións galegas, que seguen a superar os rexistros históricos de 2021

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na presentación da marca Galicia Logistics no ‘Salón Internacional de la Logística de Barcelona (SIL)’, onde resaltou que “sen un bo servizo loxístico, hoxe non poderiamos falar de que durante o último ano Galicia superou o récord histórico de exportacións, deixando atrás, por primeira vez, os 25.000 millóns de euros”

01/06/22 | 12:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia recoñece a calidade da praza de Vilagarcía de Arousa co selo de mercado excelente

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a praza, que sinala como un “vector de dinamización do comercio e da economía local”

31/05/22 | 18:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ferrol a importancia da cooperación entre os axentes económicos para a creación de empresas, a mellora da competitividade e a atracción de investimentos

O director do Igape, Fernando Guldrís, intervén na clausura da xornada ‘Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation’, onde pon en valor que estes fondos deben contribuír ao desenvolvemento de proxectos transformadores no modelo produtivo

31/05/22 | 14:22 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o programa Oportunius permite captar e reter en Galicia aos investigadores con maior prestixio da UE

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que a Xunta apoiará a contratación este ano de dous novos Oportunius, sumando deste xeito 11 desde a posta en marcha da iniciativa

31/05/22 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no desenvolvemento da estratexia naval para dar resposta aos retos de futuro do sector en Ferrol

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da industria naval de Ferrolterra

30/05/22 | 18:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve no centro loxístico das Pontes unha infraestrutura vital para dinamizar a economía local

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta tarde os terreos onde se vai desenvolver este proxecto, que contribuirá a paliar o peche da central térmica e no que a Administración galega achega preto de 250.000 euros

30/05/22 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Conde avanza que o 15 de xuño abre a nova convocatoria da BFAero cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Aeromedia, empresa galega cunha década de experiencia no sector dos vehículos aéreos non tripulados

30/05/22 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes de Ourense os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na Confederación Empresarial de Ourense (CEO) nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño