Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/06/22 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 1,6 M€ en oito concellos de Lugo para a mellora dos seus polígonos empresariais e a creación de viveiros industriais

Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que o Goberno galego destina este ano aos concellos para mellorar o equipamento dos seus parques e para implantar viveiros de empresas

11/06/22 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía xunto con asociacións do sector a Axenda Enerxética de Galicia 2030

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, continúa coa rolda de contactos para avanzar no impulso da eficiencia enerxética, o autoconsumo e a mobilidade sustentable

10/06/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial de Galicia na oferta de servizos biotecnolóxicos para mellorar a calidade de vida das persoas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) en Lugo

09/06/22 | 18:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria
09/06/22 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia amosa o seu apoio a Celsa para que poida acceder ao fondo de axuda á solvencia en empresas estratéxicas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é prioritario o mantemento da actividade polo que é fundamental que se desbloquee a situación para que a compañía poida contar con este financiamento necesario para alcanzar os seus obxectivos

09/06/22 | 15:31 | C. de Economía e Industria

A Axenda Enerxética de Galicia 2030 buscará consolidar no mix enerxético fontes renovables como a fotovoltaica e o hidróxeno verde

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na xornada Camiño do sol, organizada pola Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica (Anpier)

09/06/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos concellos incluídos na zona de transición xusta os fondos outorgados a Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, acompañada polos delegados territoriais da Xunta na Coruña e en Ferrol, Gonzalo Trenor e Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes dos municipios das áreas de Meirama e As Pontes

08/06/22 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca facer da minaría un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor industrial

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, mantivo un encontro esta mañá, en Santiago de Compostela, co Comité Executivo de Desenvolvemento Mineiro para seguir avanzando no deseño da Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia

08/06/22 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Cesena, como primeiro centro tecnolóxico de Galicia especializado no sector naval, na reactivación económica de Ferrolterra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na xornada `Tendencias e solucións dixitais para o sector naval’