Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/07/22 | 13:56 | C. de Economía e Industria

Trenor anima aos representantes dos Centros Comerciais Abertos e federacións a solicitar as axudas de 2,75M€ para impulsar o comercio de proximidade

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ten abertos ata o 27 de xullo dous programas para este tipo de asociacións, que poderán financiar así diferentes iniciativas de promoción e dinamización comercial

11/07/22 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta as achegas da unidade mixta de Aimen e Navantia para a construción das fragatas F-110

Esta Unidade Mixta botou a andar en 2018 co apoio da Xunta para investigar no ámbito dos novos materiais e sistemas automatizados para a fabricación avanzada de buques

10/07/22 | 11:30 | C. de Economía e Industria

Aberta a convocatoria de axudas destinada á creación e integración de novos centros de investigación empresarial en Galicia

Este plan de axudas da Xunta, pioneiro na Comunidade, contribuirá a manter a pegada industrial existente e atraer novas empresas e investimentos, coa previsión de mobilizar 20 millóns de euros e crear 45 postos de alta cualificación

09/07/22 | 15:42 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade promociona os produtos certificados no Pantín Classic Surf en Valdoviño

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, visitou hoxe o mostrador promocinal da marca de garantía

08/07/22 | 14:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Corazón de Artesanía contribúe desde Agolada a difundir, internacionalizar e dar valor engadido a un sector clave para Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao acto de inauguración do evento, que se celebrará desde hoxe ata o domingo, 10 de xullo

08/07/22 | 10:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria da nova edición da BFAero co obxectivo de ensanchar o ecosistema xerado arredor do Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no acto de presentación da 4ª edición da Business Factory Aero

07/07/22 | 17:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial das antigas zonas carboníferas para impulsar iniciativas de industria sustentable, turismo ou enerxía renovable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe nunha mesa redonda celebrada en Oviedo no marco do Diálogo Político Anual da Iniciativa para as rexións carboníferas en transición

07/07/22 | 16:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta achegará máis de 217.000 € para a mellora de tres parques empresariais da comarca do Barbanza que mobilizarán máis de 270.000 €

O delegado da Xunta visitou o polígono industrial de Muros no que a Xunta aportará 56.000 euros para levar a cabo a construción dun colector de saneamento que conecte as augas do parque empresarial coa rede municipal de Muros

07/07/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia disporá dun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa

O presidente resalta que obxectivo da Xunta é afianzar a Galicia “coma un referente neste tipo de tecnoloxía”