Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

20/07/22 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Adega Agro de Bazán recibe o certificado que acredita o selo de garantía de Galicia Calidade

O delegado territorial, o director xeral de Comercio e Consumo e a directora xerente de Galicia Calidade percorreron a adega e destacaron a personalidade dos Albariños Granbazán.

19/07/22 | 15:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a Xunta está impulsando con 10 M€ o desenvolvemento de centros de investigación empresarial para fortalecer o tecido innovador e captar investimentos

Garante o apoio da Xunta nesta aposta pola innovación de Aluminios Cortizo como referente europeo
Destaca o labor desta empresa no eido do emprego, a innovación e o compromiso coa investigación
 

19/07/22 | 11:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o novo modelo industrial ao que aspira Galicia ten como fonte de inspiración o coñecemento, a innovación, a sostibilidade e o talento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no I Foro de Sostibilidade organizado por APD

18/07/22 | 16:37 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que o compromiso de Galicia coa axilización administrativa está permitindo impulsar a tramitación dunha vintena de proxectos que suman 2700 m€

Lamenta a falta de cogobernanza no deseño e planificación dos fondos europeos, que fai que as comunidades autónomas estean actuando como meros xestores administrativos das decisións que adopta o Goberno sen que estas axudas se axusten ás necesidades de Galicia

17/07/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten aberto o prazo de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de ‘Marketplace’ para produtos agroalimentarios

Os apoios contan cun orzamento total de 350.000€ e as solicitudes poden presentarse ata o 8 de agosto

16/07/22 | 13:40 | C. de Economía e Industria

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia atendeu 125 consultas diarias durante o primeiro semestre do ano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na actividade Consumo Responde, na que se conectou cos nenos e nenas que asisten a un dos campamentos de verán de LecerConsumo

15/07/22 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten en execución 30M€ no polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia, que aspira a multiplicar por cinco este investimento a través dos fondos europeos

Conde apunta que o primeiro paso que a Xunta xa deu no marco desta iniciativa foi o de adquirir, cun investimento de 13,9M€, un computador cuántico para o Cesga que vai ser un dos máis potentes do sur de Europa

14/07/22 | 16:26 | C. de Economía e Industria

Galicia impulsa a Axenda Enerxética co obxectivo de aproveitar a oportunidade que supón o hidróxeno verde e alcanzar os 500 MW instalados en 2030

Conde destaca que o acordo permite impulsar a transición enerxética xusta a través do binomio industria – sustentabilidade e supón unha oportunidade de diversificación para Navantia que suma o hidróxeno verde á eólica mariña

14/07/22 | 15:21 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego destinará 15M€ a impulsar a competitividade das empresas con centros de fabricación avanzada

O obxectivo desta liña de axudas, asegura, é mellorar a competitividade do tecido empresarial da Comunidade

14/07/22 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo traballo conxunto entre administracións e tecido empresarial para impulsar as enerxías renovables

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, acompañada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do acordo de colaboración entre a Asociación Galega do Hidróxeno e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC)