Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

28/07/22 | 13:27 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que Cabo de Peñas reúne a tradición e a innovación propias da industria conserveira galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, entregou hoxe en Vilaboa o selo de Galicia Calidade a esta compañía senlleira con máis de 120 anos de traxectoria
 

28/07/22 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta analiza co sector os retos de futuro da artesanía en Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xuntanza con representantes das asociacións profesionais de artesáns co obxectivo de recoller as súas achegas e seguir traballando xuntos a prol dun sector artesán competitivo e adaptado ás novas realidades de consumo

27/07/22 | 16:05 | C. de Economía e Industria

Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez

27/07/22 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que o Porto de Ferrol busque co seu proxecto de renovables a transformación do tecido empresarial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que busca desenvolver un hub enerxético e industrial na dársena exterior
 

26/07/22 | 16:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Ministerio de Ciencia e Innovación financiamento para o polo aeroespacial de Galicia a través do Perte do sector

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no encontro convocado para avaliar o Perte Aeroespacial
 

26/07/22 | 14:55 | C. de Economía e Industria

A Unidade Mixta de Investigación de Aimen e ArcelorMittal permite avanzar na diversificación e a eficiencia enerxética da industria do aceiro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño na presentación do balance desta iniciativa, que mobilizou 2,5 millóns de euros de investimento público-privado
 

26/07/22 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Conxemar vías de colaboración para elaborar un plan estratéxico para o conxelado

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron unha xuntanza en Vigo cos representantes da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura para avanzar no impulso do sector

24/07/22 | 10:42 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade destaca en Bergondo a aposta pola innovación e excelencia da empresa certificada Terxy

A xerente do organismo, Ana Méndez, mantivo un encontro cos responsables da compañía para coñecer as súas inquedanzas e propostas

23/07/22 | 20:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Zas a economía circular vinculada á produción do liño

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta tarde nunhas xornadas impulsadas polo Concello de Zas e pola Asociación Amigos do Liño
 

23/07/22 | 15:55 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese co equipo directivo de Lonza Biologics para analizar a instalación do novo centro de produtos farmacéuticos da compañía na Plisán

A compañía merca catro parcelas que superan os 100.000 metros cadrados, a maior asignación de superficie ata o momento neste polígono industrial