Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

02/08/22 | 16:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta advirte da situación de incerteza en que está instalada a planta de Ferroatlántica en Arteixo debido aos altos prezos da enerxía

Conde recoñece que as perdas económicas que o prezo da luz e o gas está ocasionando na industria electrointensiva pode acabar poñendo en risco os 5000 empregos que este sector xera en Galicia
 

02/08/22 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia volve encher O Courel cos oficios artesanais desde mañá mércores ata o domingo

A Xunta impulsa a segunda edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, coa colaboración do Concello de Folgoso e da Fundación Uxío Novoneyra

02/08/22 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o impacto no emprego e na actividade portuaria do proxecto de Sentury nas Pontes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun encontro coa compañía que promove a planta de pneumáticos e do Porto de Ferrol, que verá cuadriplicados os seus tráficos
 

01/08/22 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza este ano 400 M€ a través da Axenda Financeira para que Pemes e autónomos desenvolvan proxectos que contribúan á reactivación económica

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial, Gonzalo Trenor, visitou na Coruña a nova sede de Afigal, que colabora coa Administración autonómica no desenvolvemento desta folla de ruta
 

01/08/22 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta duplica os fondos destinados a apoiar proxectos de autoconsumo e de enerxías renovables

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ampliacións concedidas a través dos fondos europeos, coas que a Xunta conta con 74M€
 

31/07/22 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro 5 de agosto o prazo para concorrer ás novas liñas de axuda ConsolidaBio e Centros de Investigación Empresariais

A través da primeira das convocatorias, ConsolidaBio, dotada con 3 M€, apoiarase a consolidación das pemes do sector biotecnolóxico a través da innovación

29/07/22 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Bueu o papel do asociacionismo no impulso ao comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración da feira, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Bueu

29/07/22 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Conde apunta a un “cambio de paradigma” na empresa a través da dixitalización e a sostibilidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Ribadeo nos networking Galicia Empresa con pemes e autónomos da comarca no que se achegaron novas figuras como a Oficina Galicia Empresa e a Secretaría Xeral de Industria, coas que se apoian os proxectos de investimento
 

28/07/22 | 20:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta insístelle ao goberno en que “é posible outra política enerxética” e lembra que Galicia conta cun novo Plan de aforro e eficiencia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, defende na Conferencia Sectorial de Enerxía que se introduzan medidas concretas para os sectores produtivos, en especial para as empresas de coxeración e electrointensivas