Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

07/09/22 | 16:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que o novo recoñecemento obtido pola Business Factory Auto avala a aposta da automoción galega pola innovación

O director do Igape, Fernando Guldrís, asiste en Salamanca á feira do emprendemento Startup Olé 22, onde esta aceleradora impulsada pola Administración autonómica obtivo o Premio Best Hub
 

07/09/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria
07/09/22 | 13:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia apoia diversificar a implantación e o desenvolvemento de 48 novos proxectos no rural non vinculados estritamente ao sector primario

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Lugo as instalacións de Nuevos Jardines, unha das iniciativas que xa se beneficiaron do Galicia Emprende Rural
 

07/09/22 | 12:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a XX Volta Ciclista a Galicia que percorrerá a comunidade a próxima semana

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na presentación desta proba clásica no calendario nacional nas categorías elite e sub-23

07/09/22 | 10:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa esta fin de semana a segunda edición de 'Artesanía de Galicia en Compostela'

No evento, que se celebra os días 10 e 11 de setembro no claustro de San Martiño Pinario, participarán 39 profesionais da marca Artesanía de Galicia de oficios como a xoiería, a marroquinería, o téxtil, a talla de pedra e de madeira, a estampaxe, o debuxo, a escultura, os complementos de moda, o traxe tradicional, a bixutería, a cerámica, os tapices, a elaboración de coitelos ou o bordado ao aire
 

06/09/22 | 10:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica a nova guía de financiamento comunitario 2021-2027

Editada pola Fundación Galicia Europa, inclúe un manual de elaboración de proxectos europeos e fichas resumo de 43 programas de financiamento comunitario

05/09/22 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia agarda que o futuro centro Nasas Nigrán contribúa ao crecemento do polígono empresarial Porto do Molle e da actividade comercial da contorna

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as obras do novo centro comercial

05/09/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a liña de axudas para impulsar a dinamización das prazas de abastos e crear unha rede de mercados excelentes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou do novo programa, dotado con 870.000 euros, nunha visita ao mercado de Vilanova de Arousa
 

04/09/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén abertas as convocatorias para impulsar a economía circular e a dixitalización no tecido empresarial galego

A liña de axudas destinada a proxectos para o desenvolvemento da economía circular suma 1,5 millóns para promover novos modelos de negocio circulares mediante a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos