Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

15/09/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Sevilla o papel da compra pública innovadora como motor para consolidar o polo aeroespacial de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou nunha mesa redonda en Unvex 2022, o maior evento en España especializado en vehículos e sistemas non tripulados
 

15/09/22 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa en Valencia na reunión do Observatorio Nacional da Artesanía

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asiste a unha nova reunión deste foro impulsado por Fundesarte no que as principais liñas de debate foron a formación e o apoio ao emprendemento no sector

15/09/22 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora no marco do seu proxecto Artesanía no Prato co encontro Ferve, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra

Os asistentes ás demostracións gastronómicas incluídas no programa poderán degustar os menús en pezas elaboradas por oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia, especializados na cerámica, o coiro, a madeira e a fabricación de coitelos
 

15/09/22 | 11:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de que a política de competencia responda aos desafíos da era dixital para velar polos dereitos das persoas consumidoras

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Santiago de Compostela na apertura do congreso internacional Novos remedios de competencia para a economía dixital

14/09/22 | 18:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña a urxencia dunha xestión áxil e eficaz dos fondos Next Generation para reforzar a contribución de Galicia ao desenvolvemento sustentable

Recalca que os proxectos de Stellantis, Showa Denko e Altri carecen de certezas na asignación de fondos e lamenta o centralismo na xestión dos recursos

14/09/22 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova liña de investimento para crear en colaboración cos concellos máis de 3.400 novas prazas en escolas infantís

Avanza que o Consello aprobará mañá a segunda edición do Bono Activa Comercio, que porá a disposición de 160.000 galegos 30 € de desconto para comprar en pequenos establecementos, cunha mobilización prevista de 17 M€

13/09/22 | 13:45 | C. de Economía e Industria

Galicia Avanza está chamada a ser o trampolín que precisan as Pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i

Un total de 30 empresas acceden a un plan de traballo de oito meses no que, a través de asesoramento e formación especializada, poderán internacionalizarse

11/09/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade colabora coa escola de Karting IRT para fomentar este deporte entre as nenas e nenos de 4 a 12 anos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destaca en Outeiro de Rei a filosofía de formación, seguridade e ocio que promove a Escola de Karting IRT

10/09/22 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia no mosteiro compostelán de San Martiño Pinario

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a segunda edición de Artesanía de Galicia en Compostela, na que participan 38 profesionais do sector
 

09/09/22 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con pemes e micropemes galegas en 32 proxectos para impulsar a innovación no tecido empresarial desde a colaboración público-privada

Conde apunta que, co programa InnovaPeme, este ano a Administración autonómica apoia 32 proxectos de innovación no tecido empresarial galego cunha mobilización de 4,8M€ de investimento total