Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/09/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda o apoio do Goberno para que Galicia forme parte do Perte Aeroespacial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta mañá ao comisionado para o Perte Aeroespacial, Miguel Belló, na súa visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)
 

22/09/22 | 16:46 | C. de Economía e Industria

Galicia aposta por consolidarse como referente europeo en biotecnoloxía, sector que xa emprega a 4000 persoas na comunidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña no encontro Galicia Biodays, onde lembrou que a comunidade é a segunda máis bioemprendedora de España

22/09/22 | 15:56 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa a primeira plataforma experimental de eólica mariña

O Consello da Xunta acordou esta mañá asinar un Protocolo Xeral de Actuación coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica para colaborar nun desenvolvemento das enerxías mariñas compatible coas actividades pesqueiras e coa preservación do ecosistema

22/09/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Medio centenar de expositores de Conxemar xa montan os seus stands no novo pavillón do Ifevi no que a Xunta investiu 8,3 M€

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o recinto feiral, onde 300 persoas traballan ante a inminente celebración do evento os vindeiros 4 e 5 de outubro
 

21/09/22 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na Coruña a importancia da escoita activa para dar solucións aos retos económicos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co Comité Executivo da Cámara de Comercio da Coruña, no que se abordaron as diferentes medidas propostas polo Goberno galego para defender os intereses das familias e dos sectores económicos ante o actual contexto de inflación

21/09/22 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca a través da Axenda Financeira acompañar o tecido empresarial galego para que impulse a súa competitividade

O director do Igape, Fernando Guldrís, salienta no Parlamento que o Goberno galego destina máis de 135M€ a dar resposta ás necesidades financeiras de pemes e autónomos no “complexo escenario actual”, reforzando o capital e os fondos propios, facilitando acceso a instrumentos de débeda e ofertando garantías na obtención de crédito
 

21/09/22 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’ dinamizará o sector en máis de 40 localidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación desta campaña impulsada pola Federación Galega de Comercio co apoio da Xunta, que se desenvolverá ata finais de novembro
 

20/09/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego á industria do metal polo seu peso na economía e perante as incertezas derivadas da crise internacional

Subliña o peso do sector na economía española e, sobre todo, na galega, onde representa o 20% do PIB

20/09/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a Unidade Mixta de Investigación-Irmás como exemplo de éxito de colaboración público-privada

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá mediante videoconferencia na xornada ‘Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente’ coa que se celebrou o aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade Tegra

20/09/22 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta demanda ao Goberno e a Endesa que ofrezan as certezas que precisan os traballadores e os novos proxectos industriais para As Pontes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a central térmica xunto cunha delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo