Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/01/20 | 11:37 | C. de Economía e Industria

Galicia suma 131 concellos emprendedores tras a adhesión de Santiago de Compostela, Paderne, Cambre, Lalín e Taboadela

As cinco localidades incorpóranse a esta iniciativa que pretende estimular a actividade económica e empresarial e facilitar os trámites administrativos

10/01/20 | 16:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta apunta en Vilalba que a formación é clave para impulsar a competitividade da industria forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na inauguración dun curso organizado pola Asociación de Empresas da Madeira de Lugo enfocado a mellorar o desenvolvemento de tarefas no monte

10/01/20 | 13:46 | C. de Economía e Industria

Conde pon en valor o diálogo social como a ferramenta para contar cunha Galicia máis competitiva que asegure un traballo de calidade e de futuro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Teo nas Xornadas de acción sindical e negociación colectiva 2020, organizadas por UGT-FICA Galicia

09/01/20 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha de dez programas para, cun total de preto de 67 M€, impulsar a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego

Entre os que se convocan por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0, os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada e o desenvolvemento de dous hubs de innovación dixital

09/01/20 | 13:18 | C. de Economía e Industria

O programa integrado do Carballiño impulsará a empregabilidade de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe á presentación deste programa apoiado pola Xunta

09/01/20 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiou a contratación de 111 traballadores en empresas da comarca da Coruña a través do programa Galicia Emprega

Ovidio Rodeiro visitou un dos beneficiarios destas achegas que teñen como obxectivo financiar a formación e a contratación de colectivos con máis dificultades para atopar un emprego

08/01/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará o control da calidade das masas de auga en Galicia coa utilización de vehículos non tripulados que permitirán mellorar a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros

Ethel Vázquez explica que o sistema se enmarca no proxecto MAR-2, cun investimento autonómico de 2,5 M€ na compra pública innovadora dun servizo de automatización de mostraxes de auga con drons

08/01/20 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Vigo a necesidade de estimular e desenvolver a figura da muller profesional 4.0 para anticiparse aos retos do futuro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo no terceiro dos encontros ‘Mulleres Protagonistas’, que reúnen a mulleres de distintos sectores para facer unha posta en común sobre os retos e oportunidades para avanzar cara a igualdade profesional plena

08/01/20 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitudes do novo programa para a creación de centros de fabricación avanzada que mellorarán a competitividade das pemes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña, dotada con 16 millóns de euros, que facilitará ás empresas as infraestruturas necesarias para modernizar a industria galega

07/01/20 | 11:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo do programa Galicia Emprega para impulsar a formación e contratación de máis de 1100 mulleres, parados de longa duración, mozos e persoas discapacitadas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 10.542.956 euros, un 12% máis que en 2019, para fomentar o emprego na Comunidade