Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

15/01/20 | 13:09 | C. de Economía e Industria

Conde sinala que a loxística achega solucións innovadoras para que as empresas galegas compitan no mercado internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Vigo na presentación do proxecto europeo CoLogistics, no que colaboran Galicia e Norte de Portugal

14/01/20 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Galicia e País Vasco avanzan en liñas de colaboración para impulsar a innovación e a formación na industria da automoción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou xunto co viceconselleiro de Industria do Goberno vasco, Javier Zarraonandia, a teniente deputado xeral de Álava e deputada foral de desenvolvemento económico e equilibrio territorial, Mª Pilar García de Salazar e representantes de Ceaga nunha reunión de traballo sobre o vehículo autónomo, conectado e eléctrico

14/01/20 | 12:42 | C. de Economía e Industria

Conde avanza un novo programa para facilitar a contratación de 300 menores de 30 anos tras un período formativo

Suporá un investimento de 7M€ para celebrar 20 proxectos e complementará aos obradoiros duais de emprego, que contarán cun orzamento de 23,2M€

14/01/20 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta promociona a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres

A Fundación Artesanía de Galicia regresa ao encontro de decoración Formex cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 51 profesionais do sector, dos cales 18 son novidades no evento

13/01/20 | 13:55 | C. de Economía e Industria

O programa integrado Terras de Iria VI impulsará a empregabilidade de 100 persoas desempregadas nos concellos de Dodro, Padrón e Rois

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe á presentación deste programa apoiado pola Xunta

13/01/20 | 13:54 | C. de Economía e Industria

Conde defende en Carballo a necesidade de apostar por iniciativas formativas que contribúan á inclusión sociolaboral de persoas con diversidade funcional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), dedicada a ofrecer oportunidades de emprego para os seus alumnos

13/01/20 | 11:27 | C. de Economía e Industria

Os emprendedores lucenses poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nos coworkings da Mariña, a Ribeira Sacra e Palas de Rei

Durante as últimas catro convocatorias realizadas na provincia de Lugo destas iniciativas, nas que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), foron apoiadas 85 novas empresas

13/01/20 | 11:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitudes para participar nos coworkings de Celanova e Cenlle

Os emprendedores poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nas convocatorias das aceleradoras que se desenvolverán nestes dous concellos ourensáns

12/01/20 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 3 M€ ao programa Aprol Economía Social para impulsar o emprego en cooperativas e sociedades laborais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases da convocatoria, que incrementa a súa dotación inicial en preto dun 50%

12/01/20 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2 M€ en apoios para avanzar cara a unha minería máis sustentable e con menores emisións de po e ruído

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das convocatorias para o desenvolvemento de iniciativas sustentables dirixidas a entidades galegas sen ánimo de lucro e para o impulso de accións que melloren as condicións ambientais e laborais do sector destinadas ás empresas privadas