Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/01/20 | 10:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a transformación dixital de 112 pemes que mobilizan investimentos por valor de 5,5 M€

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver apoios por valor de 2,2 millóns de euros para facilitar a modernización e mellora da competitividade das pemes a través de proxectos de dixitalización

18/01/20 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa este ano a dedución verde, unha bonificación no IRPF para todos os que melloren a eficiencia enerxética da súa vivenda

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación Española de Empresas Produtoras de Pellets de Madeira, Apropellets, na que lle informou sobre esta nova iniciativa

17/01/20 | 14:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Santiago a alianza do comercio de proximidade coa Semana Santa compostelá

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, participou na presentación da Semana Santa 2020, na que Compostela Monumental colabora cunha app que inclúe unha Guía de Comercio e Servizos

17/01/20 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia seis proxectos de eficiencia enerxética na Universidade da Coruña que permitirán un aforro anual de 240.000 euros na factura eléctrica

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe na Coruña, xunto co reitor da UDC, Julio Abalde, as iniciativas que se realizarán nos edificios do Reitorado, o pavillón de Elviña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura e La Normal -no campus da Coruña- e na Facultade de Humanidades e na Escola Politécnica Superior -no campus de Ferrol-

17/01/20 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos autónomos de Lugo as medidas que vai poñer en marcha en 2020 para acompañalos no desenvolvemento da súa actividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun novo encontro dos Venres Autónomos impulsados desde o Goberno galego para favorecer a comunicación directa e o debate con este colectivo

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aumentará a potencia eólica instalada en máis dun 15% grazas ao impulso que supuxo para este sector a Lei de implantación empresarial

Destaca que ao longo deste ano poderían entrar en funcionamento outros seis parques eólicos e unha repotenciación que suporía un incremento de 143 megavatios

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego activa unha achega de preto de 24,5 M€ para apoiar aos autónomos a emprender, crear emprego e conciliar

Feijóo destaca que con estas medidas poderanse beneficiar máis de 7.000 autónomos e traballadores e arredor de 545 empresas

16/01/20 | 14:19 | C. de Economía e Industria

O programa integrado da Mancomunidade do Salnés impulsará a formación e oportunidades laborais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe en Vilagarcía de Arousa á presentación deste programa apoiado pola Xunta

16/01/20 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vilalba a especialización e o talento dos mozos galegos como chaves para impulsar a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Pelé Design and Retail, unhas das 85 empresas que contratarán persoas novas a través do programa Profesionais 4.0