Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

22/01/20 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza en Lalín a apertura de prazo para solicitar os obradoiros duais de emprego, unha das medidas para contar cunha Galicia máis preparada

Pódense solicitar desde mañá e contarán cun orzamento de 23,2M€ para beneficiar a 1400 persoas desempregadas

22/01/20 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a aposta polo sector aeroespacial cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados

Na Unidade Mixta de Investigación Airus, presentada hoxe na Coruña, participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolóxica Everis, e ten como obxectivo contribuír á xestión eficiente e segura no espazo aéreo

22/01/20 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia mediante o programa Galicia Emprende 60 iniciativas empresariais que mobilizarán máis de 9M€

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por case 2,3 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento

21/01/20 | 19:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo urxe ao Goberno central a construción dun buque de aprovisionamento da Armada para cubrir o baleiro de falta de carga de traballo de Navantia ante a demora das fragatas F-110

Destaca tamén a necesidade de comezar de xeito inmediato a construción do dique seco, unha obra que estaba xa comprometida para abaratar os custos das F-110

21/01/20 | 15:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou nos dous últimos anos 188.000 euros a mellorar infraestruturas do parque empresarial da Pastoriza

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado dos traballos de renovación do firme nas vías do polígono, realizadas polo Concello co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria

21/01/20 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Pontedeume unha unidade formativa para desempregados centrada na Industria láctea 4.0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe á presentación desta iniciativa que imparte Effuture -impulsada por Leche Celta- e da que se beneficiarán 15 alumnos

21/01/20 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta investiu 142.000€ na mellora de viais e do sistema de videovixilancia de parque industrial de Espiñeira de Boiro

Estas achegas da Xunta apostan por fortalecer o tecido empresarial, mellorar as infraestruturas da Comunidade e fomentar o emprendemento industrial

20/01/20 | 13:35 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de Mos un motor da economía local

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nesta iniciativa, na que cooperan o Concello e a Asociación de empresarios de Mos (Aemos) co apoio da Xunta

20/01/20 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre esta semana o prazo de solicitudes para os obradoiros duais e para o novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos

Os obradoiros duais compren a súa terceira edición cun orzamento de 23,2M€ e o obxectivo de beneficiar a 1400 persoas desempregadas

19/01/20 | 11:37 | C. de Economía e Industria

Conde avalía coa alcaldesa de Trazo vías de colaboración para impulsar o emprego e a economía do concello

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou á rexedora municipal, Josefina Suárez, das vantaxes de ser un Concello Emprendedor, distintivo co que xa contan 33 municipios da provincia da Coruña