Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/01/20 | 12:27 | C. de Economía e Industria

Galicia apoia a internacionalización das empresas galegas con tres liñas de apoios que suman 11,2 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as convocatorias de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, cuxo prazo de solicitude se manterá aberto ata o 30 de marzo

28/01/20 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela á industrialización do rural galego a través de empresas como TMC Cancela que apostan pola dixitalización e a formación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita a esta compañía de Tordoia, especializada en maquinaria agrícola e forestal

27/01/20 | 16:35 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Vigo o valor dos centros tecnolóxicos como transmisores de coñecemento e sinala a Gradiant como exemplo deste reforzo á innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Gradiant, un encontro enmarcado no compromiso da Xunta por visitar os centros tecnolóxicos de Galicia para facer balance dos programas de apoio ao sector

27/01/20 | 13:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega 776.000 euros para a posta en marcha de trece novas empresas na provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou as liñas de axuda dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende e explicou que en Lugo mobilizaron un investimento de 1,4 millóns de euros

27/01/20 | 12:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén abertas este ano as axudas do Bono Eléctrico galego que garanten a subministración nos fogares con máis dificultades

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe en rolda de prensa os apoios dirixidos aos consumidores que máis o necesitan para que poidan pagar a factura da luz

26/01/20 | 12:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de dous programas de inserción sociolaboral dos que se beneficiarán máis de 500 persoas en risco ou situación de exclusión

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,3M€ á nova iniciativa de inclusión para o emprego e volve convocar os apoios dirixidos ás empresas de inserción laboral

26/01/20 | 11:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para impulsar as infraestruturas e servizos dos parques empresariais galegos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 7,9M€ aos apoios para a mellora de infraestruturas, creación de viveiros e as novas axudas para reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica

25/01/20 | 11:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitudes para participar no coworking da Ribeira Sacra

Os emprendedores poden inscribirse ata o vindeiro venres 31 na convocatoria da aceleradora de Monforte de Lemos

24/01/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Conde anuncia un investimento de 5 M€ para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión do tráfico aéreo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que esta nova infraestrutura para Rozas permitirá que Galicia “siga á vangarda e siga sendo pioneira no desenvolvemento de tecnoloxías vinculadas aos vehículos non tripulados”