Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

31/01/20 | 11:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 18 M€ a préstamos directos para impulsar a creación, o crecemento e a innovación das empresas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova convocatoria do programa, que financiará investimentos estratéxicos, en transporte de mercancías que utilicen combustibles alternativos e no desenvolvemento de proxectos e infraestruturas de uso compartido por parte de asociacións empresariais

30/01/20 | 19:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por visibilizar o talento feminino para avanzar cara a unha igualdade real entre mulleres e homes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe na presentación do proxecto 'Referentes Galegas' de Executivas de Galicia

30/01/20 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha Son Executiva, o programa de liderado feminino destinado a 400 mulleres galegas

O prazo de inscrición para esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria está aberto e as sesións presenciais celebraranse entre os meses de febreiro e xullo

30/01/20 | 15:43 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o plan de financiamento empresarial para 2020 que apoiará a 1.900 emprendedores e pemes, cunha mobilización de preto de 300 millóns de euros

Feijóo precisa que dos 103 M€ de investimento, destinaranse: 18 para financiamento empresarial; 12,2 para préstamos IFI; 8,8 para avais; 46,2 para reforzar os fondos propios das empresas e 17,8 a través de XesGalicia

30/01/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o traballo dos investigadores da Universidade de Vigo galardoados nos 'Oscars do espazo'

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con Yolanda Rodríguez Vaqueiro, científica que lidera o grupo galardoado nos Galileo Masters

30/01/20 | 14:12 | C. de Economía e Industria

O programa integrado da Fundación Xoán XXIII impulsará a empregabilidade de 100 persoas desempregadas con discapacidade

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe as instalacións desta entidade

30/01/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta subvencionou 26 proxectos liderados por mulleres na provincia de Ourense ao abeiro do programa Emega

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe unha farmacia na localidade de Castrelo de Miño que contou cunha axuda deste programa

30/01/20 | 10:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a transformación dixital de 10 pemes lucenses que mobilizan investimentos por valor de 262.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu 67.000 euros en axudas para facilitar a modernización destas empresas a través de proxectos de dixitalización

29/01/20 | 19:46 | C. de Economía e Industria

Conde incide en que Galicia necesita un prezo eléctrico estable e competitivo para as industrias electrointensivas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegura no Parlamento que as propostas do Goberno central son insuficientes

29/01/20 | 19:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta esixirá á empresa que actualice o plan de restauración da mina de Touro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indica no Parlamento que isto se sumaría ao labor de vixilancia que vén levando a cabo Augas de Galicia