Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

03/02/20 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para impulsar o emprendemento, a consolidación, a creación de emprego e a conciliación dos autónomos

A consellería de Economía, Emprego e Industria destina 24,5 M€ a estes apoios que beneficiarán a máis de 7000 autónomos e traballadores e arredor de 545 empresas

03/02/20 | 12:11 | C. de Economía e Industria

As axudas da Xunta de eficiencia enerxética na industria e servizos permitirán un aforro anual de 2,5M€ na factura

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de apoios para este ano no que se invisten 3,5M€

02/02/20 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A nova Lei de aproveitamento lúdico das augas termais permitirá impulsar un crecemento ordenado e seguro do sector

A normativa, que entra hoxe en vigor, dá resposta a unha demanda social e empresarial

02/02/20 | 11:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o emprego local a través de tres programas que permitirán aos concellos galegos contratar a 1800 persoas desempregadas

O Goberno galego abre as convocatorias de axudas que, cun investimento de 16M€, apoiarán a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga; 500 desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social; e 600 para tarefas de prevención de incendios

01/02/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

Galicia avalía cos embaixadores de Xapón e da India novas oportunidades para impulsar o intercambio comercial

As reunións do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cos representantes destes países asiáticos centráronse no impulso ás exportacións cara a estes mercados e na captación de investimentos

31/01/20 | 15:02 | C. de Economía e Industria

Ovidio Rodeiro visitou aos alumnos dos cursos AFD de Boiro e destacou que nesta comarca se están impartindo 20 cursos para formar a 300 alumnos

A convocatoria é plurianual o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e facilita unha maior empregabilidade dos alumnos

31/01/20 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta logra a primeira firma dun acordo de licenza coa industria para comercializar un proxecto do Programa Ignicia

A Universidade de Vigo e a multinacional española Ziacom asinaron o acordo de licenza da iniciativa Biofast, especializada en biomaterial para a rexeneración ósea e apoiada pola Axencia Galega de Innovación e a Fundación Barrié

31/01/20 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén o seu compromiso coa mobilidade eficiente en 2020 e convoca novas axudas para a adquisición de vehículos máis sostibles

A orde que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) estará aberta desde o luns, 3 de febreiro, para a adhesión das entidades colaboradoras e a partir do 21 de febreiro para a cidadanía e as empresas

31/01/20 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta amosa o seu apoio á moda galega na Fashion Week de Madrid para que se consolide como un referente internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu ao debut neste evento da firma Pertegaz da que a galega Jealfer ten a licenza nas liñas prêt-à-porter feminina e masculina