Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

07/02/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Noia a importancia de divulgar os valores do cooperativismo entre os escolares galegos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na actividade ‘Almorzos Cooperativos’, impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria

07/02/20 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o seu programa de avais para facilitar o acceso ao financiamento de máis de 200 pemes e autónomos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, asina un acordo de colaboración coas dúas Sociedades de Garantía Recíproca galegas e sete entidades bancarias para favorecer o apoio financeiro ao tecido produtivo

06/02/20 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a vocación de Anthony Carro como fonte de inspiración para construír a Galicia do futuro sobre as bases da investigación e a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Madrid á entrega do ‘Premio Gallego del Año’, na que os xornalistas galegos na capital española homenaxearon ao delegado da NASA en España

06/02/20 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o cooperativismo e a economía social en Xantar 2020

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou a XXI Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense ata o domingo, 9 de febreiro

05/02/20 | 15:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou nos últimos catro anos máis de 300.000 euros a mellorar os accesos e as comunicacións interiores do polígono de Becerreá

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado das obras executadas con cargo á convocatoria de axudas do ano 2019

05/02/20 | 14:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos emprendedores de AJE Vigo as axudas para que os autónomos creen emprego e consoliden os seus negocios

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, acompañada pola delegada territorial da Xunta, Corina Porro, informou no encontro sobre os programas por preto de 24,5M€ activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

05/02/20 | 10:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova edición do programa Medrando Xuntas para promover o talento feminino na economía social

Hoxe ábrese o prazo para inscribirse nesta iniciativa, que se desenvolverá de marzo a xuño en Santiago de Compostela

04/02/20 | 10:56 | C. de Economía e Industria

Galicia sitúase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro no último ano e suma 11 meses por riba do millón de afiliados

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro do mes de xaneiro na visita que realizou ás oficinas de Accede Social, Ges e Coregal, en Santiago de Compostela

03/02/20 | 21:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos empresarios da comarca do Deza dos apoios que ofrece para contribuír ao impulso da súa competitividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun networking con empresarios, autónomos e emprendedores, onde se fixo balance dos distintos programas da Administración autonómica

03/02/20 | 13:18 | C. de Economía e Industria

Os Bolechas achegan aos máis novos o valor engadido da madeira e os diferentes usos deste material autóctono

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago a unha sesión de contacontos destes coñecidos personaxes