Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/02/20 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Bueu a especialización dos mozos galegos como unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Corvus Belli, que aposta por incorporar novos titulados para desenvolver proxectos de mellora e avanzar en internacionalización

10/02/20 | 14:55 | C. de Economía e Industria

Conde sinala en Ourense que as mulleres están a protagonizar o crecemento e a transformación da industria forestal galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en San Cibrao das Viñas no encontro Mulleres Protagonistas, no que interviñeron profesionais que desde os seus traballos na universidade, a industria ou os centros tecnolóxicos están impulsando un sector clave para Galicia

10/02/20 | 14:37 | C. de Economía e Industria

Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presidiu a xornada técnica de presentación das instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ante as compañías interesadas na consulta preliminar ao mercado

10/02/20 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Lugo a importancia da cooperación dos concellos e entidades para avanzar na mellora da empregabilidade dos galegos e galegas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá o obradoiro ‘Atrium TIC’ no que participan 16 alumnos co obxectivo de desenvolver un programa de capacitación para a implementación das TIC nos procesos de xestión do Concello de Lugo

10/02/20 | 12:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con preto de 1,5M€ cinco proxectos de eficiencia enerxética e de renovables na Universidade de Santiago

As actuacións permitirán un aforro anual de enerxía equivalente ao consumo de 450 fogares, cunha redución na factura de 152.000 euros ao ano

09/02/20 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca ante os empresarios galegos en Madrid a aposta pola Industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial

O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama)

09/02/20 | 11:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa apoios por 2 M€ para impulsar a contratación de 120 profesionais de I+D+i en empresas e organismos de investigación

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia

08/02/20 | 13:17 | C. de Economía e Industria

Os emprendedores participantes na aceleradora ViaGalicia preparan en Pantón a presentación dos seus proxectos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asiste ás xornadas que se celebran na localidade lucense, ás que asisten os 27 equipos que aspiran a pasar á seguinte fase desta iniciativa

08/02/20 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobilizará investimentos por 10 M€ en proxectos de medio cento de empresas para seguir avanzando na Industria 4.0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria da cuarta edición das axudas para proxectos da Industria 4.0, coa que se apoiarán ata seis novas iniciativas colectivas para implantar a fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega

07/02/20 | 16:45 | C. de Economía e Industria

Galicia aposta polo talento verde e as novas tecnoloxías para impulsar a construción en madeira e o crecemento da industria forestal

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na Coruña nas I Xornadas Internacionais Madeira 2020