Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

13/02/20 | 10:57 | C. de Economía e Industria

Un total de 21 novos proxectos empresariais reciben formación e asesoramento na nova edición do Espazo Coworking de Ferrol

A quinta convocatoria do coworking promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI) comeza a súa actividade no CIS Galicia

12/02/20 | 20:01 | C. de Economía e Industria

Ovidio Rodeiro anima aos autónomos da Costa da Morte a solicitar as novas axudas para emprender, consolidarse, crear emprego e conciliar

O delegado territorial destacou que a Xunta conta, para este ano, con 24,5 millóns de euros para impulsar a creación de emprego autónomo e axudar as persoas que traballan por conta propia a consolidar os seus negocios

12/02/20 | 19:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ás empresas da industria forestal das comarcas de Barbanza, Muros e Noia das diferentes axudas á súa disposición

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou en Outes nunha xornada informativa en colaboración coa Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)

12/02/20 | 14:29 | C. de Economía e Industria

Comeza na Cidade da Cultura a quinta edición do coworking de Santiago con 22 proxectos empresariais vinculados ás industrias culturais e as TIC

Nos próximos días tamén darán comezo as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI)

12/02/20 | 13:14 | C. de Economía e Industria

Un total de 100 mulleres desempregadas de Ourense reciben formación en actividades auxiliares de comercio e cociña a través do programa integrado de emprego organizado por Cimo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, informou de que os concellos e entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes á nova convocatoria 2020-2021 ata o 2 de marzo

12/02/20 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da biotecnoloxía na competitividade e modernización do tecido industrial galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa investigadora da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso, referente mundial no eido da nanotecnoloxía farmacéutica

11/02/20 | 21:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ás Pemes e autónomos de Boiro das convocatorias de axudas á súa disposición para impulsar os seus negocios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou nunha xornada informativa celebrada en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios o dinamismo económico do municipio coruñés

11/02/20 | 21:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás empresas de Valdeorras información sobre as axudas destinadas aos autónomos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta tarde nunha xornada informativa organizada pola asociación empresarial desta comarca

11/02/20 | 18:24 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima ao sector naval galego a seguir apostando pola innovación como base da súa competitividade

Destaca á botadura do buque oceanográfico como un exemplo máis do carácter estratéxico do sector, que seguirá comprometido coa formación para mellorar a cualificación da industria naval

11/02/20 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Galicia, que ten na innovación e na formación os seus sinais de identidade, cre no compromiso de todos os axentes clave para atraer novos investimentos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña na xornada ‘Retos e perspectivas de investimento en Galicia para o ano 2020’ organizada por BDO