Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

15/02/20 | 11:52 | C. de Economía e Industria

Conde informa ao alcalde do concello ourensán de Monterrei dos diferentes apoios activados para impulsar o emprego local

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexedor, José Luis Suárez, no que estudaron diferentes vías de colaboración para impulsar a economía do municipio

15/02/20 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello de Coristanco avalían vías de colaboración para dinamizar a economía e o emprego deste municipio coruñés

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Juan Carlos García Pose, no que o informou dos diferentes programas de apoios abertos á presentación de solicitudes

14/02/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo de solicitude de axudas para que os particulares instalen proxectos de biomasa en zonas rurais

Os interesados teñen un prazo dun mes para acceder a estes apoios que permitirán chegar a 180 beneficiarios, cun aforro económico de 110.000 euros e enerxético de 270.000 litros de gasóleo

14/02/20 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta na entrega dos Premios Emprendedor XXI o esforzo dos novos empresarios no impulso da industria intelixente e a competitividade

O director do Igape, Juan Cividanes, participa no acto organizado no marco do DayOne Innovation Summit, impulsado por CaixaBank e Enisa coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria

14/02/20 | 14:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a internacionalización do sector da lousa e a súa capacidade para xerar riqueza e emprego na comarca de Valdeorras

Lembra que o 33% da produción mundial da lousa para cubertas procede de Galicia, tendo como principais países destinatarios a Francia e ao Reino Unido

14/02/20 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Os obradoiros Fly the future achegan a estudantes de secundaria as oportunidades da industria dos vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha das actividades desta iniciativa que se desenvolverá ata xuño no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei (Lugo)

14/02/20 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa tres novas lanzadeiras de emprego coas fundacións Telefónica e Santa María la Real

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou esta destas iniciativas que se porán en marcha na Coruña, Arteixo e Santiago de Compostela e que apostan por unha orientación laboral adaptada as retos dixitais actuais

13/02/20 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta chama en Edugal a incentivar a formación e a innovación entre os máis novos para asegurar a fortaleza do talento galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia

13/02/20 | 16:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a función de dinamización cultural das librarías na apertura das II Xornadas Profesionais do sector

No encontro participaron o director xeral de Políticas Culturais e o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

13/02/20 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a fortaleza da economía social en Galicia e pon en valor o traballo da Rede Eusumo

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na xornada ‘Informa, apoia e asesora en economía social’, dirixida a persoal técnico