Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

18/02/20 | 13:12 | C. de Economía e Industria

Comeza en Cabana de Bergantiños a quinta edición do coworking da Costa da Morte con 19 proxectos empresariais vinculados ás novas tecnoloxías, a agroalimentación e a saúde

Un total de 26 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas innovadoras de dixitalización da cadea de subministración, tapizados con materiais de última xeración ou servizos para o envellecemento activo

18/02/20 | 13:00 | C. de Economía e Industria

Bota a andar a primeira edición do Coworking de Palas de Rei, con 16 proxectos empresariais vinculados ao Camiño de Santiago, á artesanía ou o comercio en liña

Un total de 18 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas relacionadas coa atención aos peregrinos, a cosmética natural, as casas prefabricadas en madeira ou o envellecemento activo

17/02/20 | 18:43 | C. de Economía e Industria

Conde apela á importancia do diálogo social para adaptar o marco laboral á nova realidade económica

Destaca o esforzo da Xunta e os interlocutores sociais e económicos por alcanzar acordos, desde a negociación colectiva, para contar con normativas axustadas aos novos tempos

17/02/20 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela á innovación como a clave para asegurar o crecemento económico sostible

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinala no encontro Galicia en Dixital, organizado por Telefónica en Santiago, que as empresas deben ofrecer solucións que se axusten ás necesidades das persoas, mellorando así a súa calidade de vida desde a innovación

17/02/20 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia un ciclo de xornadas informativas sobre internacionalización para impulsar o desenvolvemento exterior das pemes

O primeiro acto, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tivo lugar esta mañá en Vigo

17/02/20 | 12:16 | C. de Economía e Industria

Un total de 39 novos proxectos empresariais reciben formación e asesoramento na nova edición dos coworkings de Celanova-A Limia e O Ribeiro

Comeza a quinta convocatoria da aceleradora celanovesa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que 20 participantes desenvolverán as súas iniciativas

17/02/20 | 12:13 | C. de Economía e Industria

Comeza en Vilanova de Arousa a cuarta edición do coworking do Salnés con 16 proxectos empresariais vinculados á industria, á alimentación e ao turismo

Un total de 19 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas de comercialización de aceite, produción vitivinícola e servizos medioambientais para o sector alimentario

16/02/20 | 11:47 | C. de Economía e Industria

Pemes e emprendedores galegos da automoción, as TIC e a alimentación buscan novas oportunidades de negocio en Israel

Unha delegación de dez compañías participou na OurCrowd Global Investor Summit en Xerusalén, evento onde se dan cita investidores e startups de todo o mundo

15/02/20 | 11:59 | C. de Economía e Industria

Conde e o alcalde de Pol estudan novas iniciativas para impulsar o tecido empresarial do concello lugués

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Lino Rodríguez Ónega, no que se destacou o potencial que ten o municipio para a industria forestal

15/02/20 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución do talento dos enxeñeiros químicos ao desenvolvemento industrial de Galicia

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá, na Cidade da Cultura, á inauguración do EQday