Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

24/02/20 | 14:53 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a excelencia innovadora de AIMEN contribúe a impulsar a competitividade da industria galega

Resalta a importancia de potenciar a innovación como garantía de crecemento do tecido industrial, así como o papel decisivo que xogan os centros tecnolóxicos na transferencia de coñecemento ao mercado

24/02/20 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Lugo de que o vindeiro luns remata o prazo da nova convocatoria dos programas integrados de emprego

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro cos usuarios do programa que desenvolve a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

23/02/20 | 12:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o venres en Redondela unha xornada técnica na que os participantes poderán probar o simulador de carpintería de madeira 4.0

Celebrarase de 10 a 14 horas no centro Issga e diríxese tanto a institucións educativas como empresas, traballadores e profesionais da prevención

22/02/20 | 12:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta das empresas galegas pola Industria 4.0 no Congreso de Empresarias e Directivas do Atlántico en Oviedo

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, defendeu a necesidade de diversificar o tecido industrial, avanzar na transformación dixital e potenciar a competitividade a través da innovación

21/02/20 | 14:54 | C. de Economía e Industria

Central Eléctrica Sestelo traslada a Cores Tourís a posta en marcha de melloras enerxéticas no Condado-Paradanta por case 1,7 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra foi invitado pola empresa que destacou a labor executada o pasado ano nesta comarca á que destinou entre obra nova e mantemento máis de 2,7 millóns de euros

21/02/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por facer do presente o momento das mulleres a través dun tecido laboral máis igualitario e conciliador

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada Son Executiva

21/02/20 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de vehículos máis sostibles

Os apoios van dos 2000 aos 2500 euros dependendo do tipo e do volume de emisión do propio vehículo e concederanse por orde de chegada da solicitude

21/02/20 | 11:50 | C. de Economía e Industria

O luns pecha o prazo para solicitar axudas para a celebración de obradoiros duais de emprego

A iniciativa enmárcase no Plan galego de formación e está destinado a persoas en situación de desemprego

21/02/20 | 11:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende a importancia de avanzar a nivel industrial a través de programas innovadores como as Unidades Mixtas de Investigación que teñen aberta a súa convocatoria

Trátase da sexta edición que, este ano, mobilizará máis de 16M€ de investimento público-privado para crear ou consolidar sete Unidades Mixtas