Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

28/02/20 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca o novo programa Innova Peme que o ano pasado beneficiou a dúas empresas de Pontevedra cun total de 200.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que tamén se beneficiaron o pasado ano, no seu ámbito territorial, unha empresa de Silleda, outra de Ponteareas, unha firma de Sanxenxo e outra de Caldas de Reis

28/02/20 | 12:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a colaboración entre institucións, empresas e asociacións para avanzar en novas tecnoloxías que melloren a competitividade do sector forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu hoxe en Redondela a unha xornada técnica do Issga sobre a carpintería de madeira tradicional e a Industria 4.0

28/02/20 | 12:47 | C. de Economía e Industria

O prazo de solicitude para organizar programas integrados de emprego da Xunta remata o vindeiro luns, 2 de marzo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro en Arteixo coas empresas e usuarios do programa impulsado pola Asociación Agarimo

27/02/20 | 16:16 | C. de Economía e Industria

O programa Talento Novo facilitará a incorporación de 5.500 mozos ao mercado laboral

Contará con 10 M€ de orzamento para proporcionar aos menores de 30 anos as ferramentas necesarias para mellorar a súa empregabilidade

27/02/20 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pecha o vindeiro luns o prazo de solicitude da nova convocatoria dos programas integrados de emprego

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro en Vigo cos usuarios do programa que organiza a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra

26/02/20 | 21:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Vilalba dos apoios que ten a disposición dos empresarios para impulsar a competitividade da comarca da Terra Chá

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro informativo sobre as liñas que están abertas no eido do financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización

26/02/20 | 18:20 | C. de Economía e Industria

O Congreso Internacional Unvex contribuirá a visibilizar as posibilidades que o Polo Aeroespacial de Galicia ofrece ao sector en España

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na presentación deste evento centrado nos vehículos non tripulados, que se celebrará en Santiago entre o 16 e o 18 de xuño

26/02/20 | 17:42 | C. de Economía e Industria

Comeza a primeira edición do coworking do Morrazo con 16 proxectos empresariais centrados nas TIC, a moda e a consultoría

O director do Igape, Juan Cividanes, participou na presentación da aceleradora con sede en Moaña, na que os emprendedores desenvolverán plataformas web que ofrecen produtos e servizos, talleres téxtiles, iniciativas de cohousing e de economía circular, entre outras

26/02/20 | 15:47 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta, a Deputación e o Concello das Pontes urxen ao Goberno central medidas para que Endesa reactive a central mentres se buscan biocombustibles alternativos

Galicia trasladará á mesa de traballo que terá lugar o vindeiro 10 de marzo a necesidade de aprobar mecanismos fiscais, como o céntimo verde, así como de reclamar máis fondos á Unión Europea

26/02/20 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa de compoñentes aeronáuticos Coasa pola formación tecnolóxica

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, estivo esta mañá nas instalacións da compañía en San Cibrao das Viñas para coñecer os seus proxectos formativos