Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

03/03/20 | 11:15 | C. de Economía e Industria

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro no último ano e suma 12 meses con máis dun millón de afiliados

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe dos datos do paro rexistrado de febreiro e explicou que Galicia conta con 7480 parados menos que hai un ano

02/03/20 | 17:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel dos autónomos na economía de Pontevedra, que conta cun terzo dos traballadores por conta propia da comunidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa xunta directiva de APE Galicia

02/03/20 | 17:09 | C. de Economía e Industria

Un total de 16 proxectos empresariais reciben formación e asesoramento na nova edición do coworking da Ribeira Sacra

A quinta convocatoria da aceleradora promovida pola Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI) comeza a súa actividade en Monforte de Lemos

02/03/20 | 13:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima aos mozos e mozas de Lugo a protagonizar o cambio que faga realidade unha maior presenza das mulleres na industria e en ocupacións nas que están menos representadas

Con motivo da semana do 8 de marzo, a xornada Mulleres Protagonistas celebrouse con máis de medio cento de alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Sanxillao e do CIPF As Mercedes

01/03/20 | 13:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para participar nas probas de avaliación en competencias clave

Os interesados poderán inscribirse ata o 20 de marzo e as probas realizaranse o 16 de maio

28/02/20 | 18:46 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a calidade e o dinamismo do sector comercial de Ribeira

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou a Feira de inverno do pequeno comercio, organizada pola asociación de empresarios da localidade coruñesa

28/02/20 | 16:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes lucenses das axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade no sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo

28/02/20 | 15:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que os hubs de innovación serán claves para a industria galega ante os retos da súa dixitalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nunha xornada na que se presentaron as iniciativas lideradas por Bioga e Ceaga, que agrupan máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas

28/02/20 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Ourense aos autónomos das dúas novas convocatorias para impulsar a transformación dixital do comercio galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun novo encontro dos Venres Autónomos co que busca favorecer a comunicación directa e o debate con este colectivo