Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/03/20 | 18:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Cegasal abordan a posta en marcha o vindeiro mes do Catálogo de entidades de economía social

Agradece ás entidades que conforman Cegasal que compartan coa Xunta as inquedanzas e necesidades deste colectivo para facer fronte á realidade que viven

04/03/20 | 17:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o sector da automoción impulsa a consolidación da Industria 4.0 en Galicia e a competitividade do tecido produtivo

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe no acto de inauguración do XXIX Salón do Automóbil e a Motocicleta, que durante os próximos cinco días reunirá en Vigo 65 marcas e unha ducia de expositores da industria auxiliar

04/03/20 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes santiagueses das axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade no sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo

04/03/20 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ferrol o papel dos autónomos na dinamización da economía galega

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiron hoxe ao encontro ‘Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia’, organizado por APE Galicia e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra

04/03/20 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de particulares por valor de 4,5 millóns de euros

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Xermade nos actos con motivo do Día da Eficiencia Enerxética, organizados no parque eólico de Sotavento, e nos que participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e do Máster de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña

04/03/20 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por facer da prevención a ferramenta imprescindible para mellorar as condicións laborais e contar cun emprego seguro e de calidade

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou esta mañá do Plan de Actividades 2020 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)

03/03/20 | 20:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que os gañadores dos premios RSE demostran que a responsabilidade social empresarial é clave para impulsar o emprego de calidade e a conciliación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na entrega dos Premios RSE 2019, que se entregaron esta tarde en Santiago

03/03/20 | 17:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con emprendedores e empresarios de Ourense as medidas para apoiar o Talento Mozo e abrir novas oportunidades

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro informativo sobre as liñas que están abertas para autónomos e empresarios

03/03/20 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A participación de Congalsa no programa Fábrica Intelixente da Xunta amosa o compromiso da empresa por facer da transformación dixital unha oportunidade para seguir medrando

Xunto con Gradiant, no marco deste programa está a desenvolver un proxecto para converter as súas instalacións nunha fábrica máis flexible, automatizada e con tecnoloxías que permitan obter datos en tempo real

03/03/20 | 12:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Pontevedra que apostar polo talento mozo é unha oportunidade para impulsar iniciativas xeradoras de emprego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro informativo cos socios de Aempe e AJE Pontevedra sobre as liñas que están abertas para autónomos e empresarios