Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/03/20 | 17:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa da Estrada Nudima pola utilización de madeira producida de xeito sustentable

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañou á entidade PEFC Galicia na entrega do certificado de cadea de custodia a esta compañía situada en Berres

11/03/20 | 16:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes vigueses sobre os apoios por 4,4 M€ para avanzar na transformación dixital e a sustentabilidade

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo

11/03/20 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta chama en Arzúa a fomentar no rural galego o emprendemento feminino desde a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na xornada ‘Mulleres Innovadoras no Rural’, na que informou das axudas e programa do seu departamento para o desenvolvemento de iniciativas empresariais

11/03/20 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a formación como ferramenta clave para mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro en Cerceda coa dirección e participantes do Programa Integrado de Emprego que impulsa Cerceda, xunto con Trazo e Tordoia

10/03/20 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso dos comuneiros da Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel, coa xestión sustentable do monte

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na entrega por parte da entidade FSC da certificación de servizos ecosistémicos do monte, a primeira que se obtén en España e a segunda en Europa

10/03/20 | 15:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Pontevedra sobre as axudas por 4,4 M€ para que o comercio de proximidade innove e aposte pola sustentabilidade

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo

10/03/20 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a reactivación inmediata da central térmica das Pontes e pide ao Goberno que se sume á unidade de acción de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá á reunión da mesa de traballo para impulsar unha transición enerxética xusta

10/03/20 | 14:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de Ecoplas pola innovación para diversificar a súa produción e chegar a novos mercados

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta compañía da Pobra do Caramiñal que se dedica á fabricación de mallas destinadas ao cultivo e envasado de marisco, así como ao sector hortofrutícola

10/03/20 | 12:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a importancia de divulgar os valores do cooperativismo entre os escolares galegos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na actividade ‘Almorzos Cooperativos’, impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria

09/03/20 | 18:49 | C. de Economía e Industria

A Laracha incrementa nun 150% as axudas recibidas por parte da Xunta desde que é Concello Emprendedor

Conde salienta o lugar preferente que ocupan os concellos que comparten coa Administración galega a importancia de captar novos investimentos, o que lles permite acceder a liñas de axuda para impulsar a economía e o comercio local