Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

18/03/20 | 19:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece a predisposición da empresa familiar galega a consensuar medidas para achegar solucións económicas ás pemes e aos autónomos

Na xuntanza, Conde trasladoulles que a Xunta está analizando as medidas adoptadas polo Goberno e que está estudando como complementalas con novos apoios que se van avaliar no Consello do vindeiro venres

18/03/20 | 16:00 | C. de Economía e Industria

Galicia propón un convenio a nivel estatal con Correos para que o comercio de proximidade poida seguir activo a través da venda en liña

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na Conferencia sectorial de Comercio Interior, na que defendeu a necesidade de combinar as axudas económicas con medidas específicas para o comercio de proximidade

17/03/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Federación Galega de Comercio as medidas de prevención no sector fronte ao coronavirus

Abordaron os apoios solicitados desde Galicia ao Goberno, como o aprazamento de impostos e taxas; axudas para dotar de liquidez ao tecido produtivo e a bonificación do 100 por cento da cota de autónomos; ao tempo que a Xunta estuda como complementar estas iniciativas con apoios no eido laboral e económico

17/03/20 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica na Plataforma de Contratos de Galicia o anuncio previo de licitación das obras de ampliación do Ifevi para acurtar os prazos administrativos

A iniciativa da publicación, que tamén se remitiu ao Diario Oficial da Unión Europea, ten por obxectivo reducir o prazo de presentación de ofertas cando se licite o proxecto

17/03/20 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta emite unha circular que fixa a estrutura dos plans de actuación das empresas de distribución de enerxía fronte ao coronavirus para garantir a subministración

Con esta medida, búscase asegurar o mantemento do servizo aos cidadáns e empresas garantindo a máxima seguridade e protección da saúde dos traballadores

16/03/20 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á disposición dos axentes sociais unha guía con recomendacións para previr o coronavirus en todos os centros de traballo

A guía estará á disposición das confederacións de empresarios, sindicatos, cámaras de comercio, asociacións de autónomos, federacións de comerciantes e clústers galegos

16/03/20 | 11:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020

Como consecuencia das medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecen aos cidadáns atención telefónica e telemática para os trámites urxentes

12/03/20 | 15:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa de Baralla Maderbar pola fabricación de produtos de madeira de alto valor engadido

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, visitou a compañía que produce pezas de carballo para barricas que se usan para a elaboración de whisky

11/03/20 | 21:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ponteceso que un de cada tres profesionais do forestal galego traballa na provincia da Coruña

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña a relevancia desta industria nun encontro informativo celebrado en colaboración coa Asociación de Talleres de Carpintería de Madeira de Bergantiños e A Costa da Morte (Atacarma)