Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

01/04/20 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno rompa o consenso coas comunidades autónomas e non transfira a Galicia os 100 M€ que lle corresponden para formación

Conde asegura que con esta decisión o Goberno deixa a un lado “o diálogo e a corresponsabilidade” coas autonomías en materia de políticas activas de emprego

01/04/20 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa a nova liña de financiamento dirixida a inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos polo COVID-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que permitirá avalar a cada negocio ata 200.000 euros para atender as necesidades máis inmediatas, como pago de salarios, alugueiros ou impostos

31/03/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a necesidade de trasladarlle seguridade xurídica e certezas ao tecido empresarial e aos autónomos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informa nun encontro coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que se pediu por carta ao Ministerio de Industria que aclare que actividades poden seguir operando

30/03/20 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos clusters galegos os detalles da nova liña de financiamento dirixida a apoiar a pemes e autónomos con ata 200.000 euros por negocio para facer fronte ao coronavirus

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con representantes destas asociacións dentro da rolda de contactos e consultas que se está realizando con todos os axentes económicos e sociais

28/03/20 | 11:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha aplicación para teléfono móbil coa que informa a empresas e autónomos sobre as medidas económicas e laborais aprobadas ante o coronavirus

Os interesados poden darse de alta a través da app Gohu e recibir, de xeito gratuíto, toda a información no seu móbil

27/03/20 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A autorización da Xunta a Exlabesa para a ampliación das súas instalacións permitirá á empresa crear 200 empregos

A compañía prevé investir, a curto e medio prazo, 32M€ no polígono industrial situado entre Padrón e Rois, o que impulsará a actividade económica da zona

26/03/20 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a incorporación de ata 358 profesionais sanitarios que se suman aos máis de 39.000 que ten o Sergas e novas medidas económicas para dotar de liquidez á Comunidade

Avanza tamén un reforzo en material con novas contratacións para adquirir máis mascarillas cirúrxicas, máis máscaras respiratorias, máis batas de alta protección, máis botellas de solución desinfectante “e todos os test que se poidan conseguir”

24/03/20 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia mantén aberta ata o próximo venres unha chamada para identificar solucións innovadoras que combatan o coronavirus covid-19

Empresas e centros de coñecemento poderán presentar a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) solucións innovadoras maduras que contribúan a frear o coronavirus

23/03/20 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza coas entidades do sector financeiro a posta en marcha das medidas de apoio a empresas e autónomos polo coronavirus

Na xuntanza abordaron polo miúdo as medidas de financiamento que o Goberno galego vai activar para inxectar de inmediato liquidez ao tecido empresarial

23/03/20 | 10:21 | C. de Economía e Industria

Ampliado o prazo de inscrición á primeira convocatoria de consolidación da BFFood

A data de peche definitiva de recepción de candidaturas establecerase unha vez finalice o estado de alarma decretado polo Goberno