Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

15/04/20 | 10:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa a nova liña de axudas para apoiar a fabricación inmediata de medios de protección ante o COVID-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que permitirá a reorganización produtiva urxente das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria

14/04/20 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta coordina coa industria naval as medidas a seguir para velar pola seguridade e a saúde dos traballadores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster Naval Galego (Aclunaga) no que destacou que a prioridade na reactivación da actividade é a protección do persoal

14/04/20 | 12:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta ponse en contacto co Goberno para coñecer as prestacións concedidas ás persoas incluídas nos ERTE e saber se se van poñer en marcha medidas que axilicen os pagos

O Goberno autonómico aposta por unha maior flexibilidade administrativa que permita ir pagando as prestacións aos afectados por expedientes de regulación temporal de emprego a medida que se vaian resolvendo

13/04/20 | 12:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta a autónomos e emprendedores a nova guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes de AJE Galicia e das súas principais delegacións no que presentou este documento que coincide co reinicio da actividade empresarial e industrial en sectores non esenciais

08/04/20 | 17:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta estuda cos autónomos novas medidas de dixitalización e seguridade e saúde laboral para a recuperación tras o COVID-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do colectivo no que se sinalou a necesidade de combinar medidas de choque con iniciativas que permitan preparar o tecido empresarial para o primeiro día despois do coronavirus

08/04/20 | 17:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego activa 3 millóns de euros para apoiar ás pemes no desenvolvemento de proxectos innovadores e a fabricación inmediata de medios de protección ante o COVID-19

Feijóo destaca que das 160 iniciativas innovadoras presentadas á chamada para producir material sanitario, preseleccionáronse 11 para, por exemplo: desenvolver láminas que poidan protexer diferentes superficies fronte ao virus; novos sistemas para respiradores ou sistemas de detección rápida do virus

07/04/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia, a través do comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, xa está avaliando 55 proxectos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe por videoconferencia na reunión do Comité, na que agradeceu a colaboración do tecido empresarial galego para actuar desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando unha vez máis o seu ‘know-how’

06/04/20 | 13:53 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A liña da Xunta para achegar liquidez a pemes e autónomos polo COVID-19 recibiu xa 418 solicitudes para apoiar préstamos por 34 M€

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron hoxe unha videoconferencia con representantes da Federación Galega da Construción

03/04/20 | 17:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun comité de expertos para avaliar o impacto económico da crise do COVID-19, asesorar á Xunta e deseñar medidas para a recuperación paulatina da economía

“Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma”, di o presidente do Goberno galego

02/04/20 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno que rectifique e transfira a Galicia os 100 M€ para formación que lle corresponden e que estaban dirixidos a reactivar o mercado laboral tras o COVID-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde lamenta que o Estado prive á Comunidade deses fondos, rachando oportunidades para que o tecido produtivo galego poida saír desta situación en mellores condicións