Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

22/04/20 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ao sector biotecnolóxico as medidas de apoio á innovación relacionadas co COVID-19

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá no ‘bioalmorzo’ virtual organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), centrado nas medidas de apoio fronte ao coronavirus

22/04/20 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con empresarios e sindicatos o acerto de facilitar liquidez inmediata a autónomos e pemes e de adiantar parte da nómina dos traballadores afectados por Ertes xa aprobados

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca que o diálogo social ten que ser a ferramenta clave para identificar as medidas que respondan ao novo escenario provocado polo Covid-19 e así lograr entre todos a reactivación da economía

22/04/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

Un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao COVID-19 a través da plataforma online activada pola Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca que as compañías da Comunidade están demostrando a súa capacidade “para reinventarse no contexto actual e para desenvolver novos produtos”

21/04/20 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece á empresa coruñesa Carmen Vázquez a súa participación na confección de 32.000 batas médicas para o Sergas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión telemática con responsables da compañía, que elaborou parte do lote subministrado coa coordinación do Clúster Téxtil (Cointega)

20/04/20 | 16:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao sector dos áridos sobre a nova liña de préstamos para inxectar liquidez ao tecido empresarial galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro con representantes da Asociación Galega de Áridos (Arigal)

20/04/20 | 13:37 | C. de Economía e Industria; C. de Sanidade

A Xunta reparte 332.000 mascarillas entre as empresas da provincia de Pontevedra

O Goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters 

20/04/20 | 13:28 | C. de Economía e Industria; C. de Sanidade

A Xunta entregou o primeiro envio de 452.000 mascarillas a empresas e autónomos que retomaron a súa actividade na provincia da Coruña

A Administración autonómica encárgase da subministración e as máscaras están sendo facilitadas ao mesmo prezo ao que as adquire a Xunta

20/04/20 | 12:36 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o servizo á sociedade do sector alimentario galego e apunta á innovación e a internacionalización como claves para o seu futuro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no que avaliaron as diferentes necesidades das empresas deste ámbito

19/04/20 | 11:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel determinante que terá a biotecnoloxía galega na busca de tratamentos contra o COVID-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster Tecnolóxico-Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), aos que lles trasladou o compromiso de Galicia con este sector

17/04/20 | 17:53 | C. de Economía e Industria

Economía e Turismo avalían co sector turístico medidas específicas que faciliten o mantemento do tecido empresarial

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuníronse co Clúster Turismo de Galicia para analizar a situación actual e traballar no escenario de saída da crise sanitaria