Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/05/20 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 14 proxectos de pemes galegas que van mobilizar máis de 1M€ para a fabricación de medios de protección fronte ao COVID-19

O Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores avaliou hoxe estes proxectos aos que a Xunta achega ao redor do 70 por cento, preto de 750.000 euros

07/05/20 | 20:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

Román Rodríguez deu a coñecer nun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais os obxectivos e o catálogo de investimentos do plan e subliñou que “a recuperación da cultura é un reto compartido entre todos no que Galicia estará a altura”

07/05/20 | 19:01 | C. de Economía e Industria

Conde apela ao esforzo compartido entre administracións e tecido empresarial para impulsar a reactivación económica de Galicia

Asegura que saír pronto e nas mellores condicións da crise económica é unha tarefa común que require diálogo, unidade e determinación

06/05/20 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta define a dixitalización, a loxística e a adecuación dos locais como claves de futuro para o comercio galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nunha webinar na que se avaliou a situación do sector e as medidas para a reactivación do comercio de proximidade

05/05/20 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Asemaco medidas de prevención e seguridade laboral na volta á actividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco), dentro da rolda de contactos cos diferentes axentes económicos

05/05/20 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao sector das perruquerías unha guía con medidas preventivas a ter en conta no reinicio da actividade

O documento recolle medidas a ter en conta na reapertura, como elaborar un plan de limpeza e desinfección dos locais; establecer protocolos para evitar o contaxio no caso de que xurdan síntomas estando no traballo, e preparar quendas de rotación entre o persoal

05/05/20 | 11:01 | C. de Economía e Industria

Galicia é a terceira comunidade na que o seu mercado laboral resiste mellor a parálise económica derivada do COVID-19

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou hoxe dos datos do paro rexistrado de abril, que sobe un 15,28% nos últimos doce meses, case seis puntos menos que no resto do Estado

04/05/20 | 14:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Comité de Expertos Económicos avoga por flexibilizar a xornada laboral e establecer bonificacións nas cotas á Seguridade Social

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe no encontro, no que tamén se demandou a desvinculación dos ERTE de forza maior do mantemento do estado de alarma e deducións fiscais para incentivar a recuperación do emprego

04/05/20 | 10:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta distribúe material específico con recomendacións preventivas ante a apertura do comercio

O sector conta desde onte con toda a documentación elaborada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)

30/04/20 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera ao Goberno central que é imprescindible que estableza un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva en Galicia

Conde asegura que o Executivo non ten escusas para poñer fin a esta desconexión cun sector estratéxico da economía galega