Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

14/05/20 | 12:31 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o papel determinante da innovación para facer fronte aos novos retos na saúde, a prevención e a seguridade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro cos responsables dos oito proxectos innovadores que a Xunta apoia para avanzar na loita contra o COVID-19

13/05/20 | 18:49 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O Comité de Expertos Económicos aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión celebrada esta tarde, na que se subliñou a necesidade de reforzar a solvencia e o crecemento do tecido empresarial

13/05/20 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Goberno que reaccione e achegue estabilidade aos traballadores de Alcoa San Cibrao e da industria auxiliar

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, pide no Parlamento que se atendan as alegacións remitidas por Galicia para desbloquear o Estatuto para os consumidores electrointensivos e fixar un prezo eléctrico estable e competitivo

13/05/20 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións se garanten que non se producen aglomeracións

Tras as cuestións plantexadas o domingo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno aclara que non se restrinxen este tipo de accións comerciais sempre que se respecten as medidas de seguridade

12/05/20 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta comparte co sector a nova folla de ruta para reactivar o turismo en Ourense e fomentar o emprego

Máis dun cento de profesionais do turismo da provincia participaron hoxe no seminario web no que o Goberno autonómico presentou o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno

12/05/20 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou 300.000 euros a promover o emprego de 37 traballadores con discapacidade ou en risco de exclusión social en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que unha trintena de empresas da provincia recibiron as achegas por ofrecerlles contrato, formación ou apoio no posto de traballo

12/05/20 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na conciliación, o teletraballo e a formación a fórmula para compatibilizar a competitividade empresarial coas novas condicións de produción que fixa o contexto actual

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas

12/05/20 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro en Galicia para formar a 1200 autónomos en comercio electrónico e novas canles online

A iniciativa Autónomos dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica

11/05/20 | 17:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao tecido empresarial de Lugo das medidas activadas para garantir a liquidez de pemes e autónomos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse mediante videoconferencia con representantes da Confederación de Empresarios da provincia lucense

11/05/20 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2,8M€ á internacionalización da I+D+I galega co apoio á súa participación no Programa Europeo H2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), publica hoxe no DOG un programa de axudas que inclúe dúas modalidades de apoio: á preparación de propostas de calidade a Horizonte 2020 e ao financiamento de proxectos presentados á convocatoria europea Instrumento Peme que obtiveran o selo de excelencia