Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/10/22 | 19:32 | C. de Economía e Industria

Tres candidaturas galegas entre os finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2022

O obradoiro de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) e o obradoiro Vikensen (Tomiño), de torneado de madeira, competirán polo Premio Emprendemento

04/10/22 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A cuarta edición da Business Factory Aero da Xunta de Galicia arranca coa participación de 11 proxectos empresariais

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo un encontro en Lugo con representantes das iniciativas participantes nesta aceleradora, na que por vez primeira haberá tres itinerarios: incubación (tres proxectos), aceleración (cinco) e consolidación (tres)

04/10/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Conde resalta que a planta de Omega-3 que IFFE Biotech porá en marcha nas Somozas contribuirá a facer de Galicia un referente no sector

Agradece ao Grupo IFFE Futura a confianza que están depositando en Galicia implantándose nun concello e nunha comarca que necesitan iniciativa industrial cun proxecto de alto valor engadido

03/10/22 | 16:48 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que Galicia achega experiencia e estabilidade para contribuír á recuperación e ao crecemento económico

Avanza que os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, ademais de recoller novas medidas fiscais, van incluír o maior investimento público da historia de Galicia en materia de enerxía
 

03/10/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia participa na San Sebastián Gastronómika 2022 da man da chef Lucía Freitas

A chef Lucía Freitas presentou esta mañá na capital guipuscoana o seu proxecto “Amas da terra”, no que reivindica a importancia dos oficios que se atopan na base da alta cociña e para o que estivo acompañada por un grupo de 25 mulleres entre as que se atopaban tres profesionais da Artesanía de Galicia

03/10/22 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o traballo de Gradiant para achegar ao tecido produtivo solucións tecnolóxicas innovadoras

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na apertura da 'Demoweek' que presentará ata o venres os desenvolvementos do centro tecnolóxico en ámbitos como a conectividade e 5G, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os drons e a industria intelixente

02/10/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto ata o 31 de outubro o prazo dos préstamos IFI Innova para apoiar iniciativas empresariais innovadoras

Esta liña, a tipos de interese reducidos, está dirixida a pemes que precisen financiamento para desenvolver un proxecto de I+D+i

02/10/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Redondela a calidade e profesionalidade do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a Feira anual de oportunidades e novidades desta localidade pontevedresa, e asistiu ao sorteo da campaña ‘Mercar no teu comercio ten premio’

01/10/22 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Coruña alcanza os 41 concellos emprendedores ao sumarse Cabana de Bergantiños a esta iniciativa para impulsar os investimentos empresariais

A localidade bergantiñá colabora coa Xunta de Galicia para impulsar a recuperación económica ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais