Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

25/05/20 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa industria forestal novas oportunidades para contribuír á reactivación do sector en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun webinario con representantes da industria forestal, no que se presentaron os resultados dunha enquisa realizada coa colaboración da Universidade de Vigo para coñecer a situación do sector no contexto actual marcado polo covid-19

23/05/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía o prazo para que as empresas participantes no programa Profesionais 4.0 poidan contratar mozos e mozas de ata 35 anos

Para axustarse mellor ao novo contexto económico, as compañías adscritas á iniciativa disporán ata finais de agosto para formalizar os contratos, que impulsarán a especialización e a incorporación ao mercado laboral de 139 persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP

20/05/20 | 18:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada aos comerciantes e autónomos de Vigo as medidas de apoio ao sector para reactivar a economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou o esforzo da Administración autonómica por acompañar ao sector no momento de reabrir ao público

20/05/20 | 13:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Goberno que na mesa do diálogo social con sindicatos e empresarios priorice as solucións para a industria electrointensiva

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuníronse esta mañá cos representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, aos que lles reiteraron o apoio da Administración autonómica

19/05/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

O Informe COTEC destaca que Galicia supera os niveis de investimento en I+D anteriores a 2008

Segundo o informe da Fundación Cotec para a Innovación, a Comunidade é unha das seis que conta con máis persoal en I+D que hai unha década

18/05/20 | 17:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa cos artesáns galegos na posta en marcha de tendas pop-up virtuais e o reforzo das accións formativas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con diferentes asociacións, ás que informou das diferentes iniciativas que se están a desenvolver para apoiar o sector, que emprega preto de 8.000 persoas en Galicia

18/05/20 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 6 M€ á internacionalización de pemes, comercio e autónomos a través do seu plan de dixitalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse mediante videoconferencia con representantes da Confederación de Empresarios de Ourense

15/05/20 | 17:37 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que as empresas máis dixitalizadas e con maior capacidade para innovar teñen máis alternativas de resposta ante o novo contexto económico

Destaca que un dos principais retos que o tecido industrial ten por diante é compatibilizar a rendibilidade e a competitividade das empresas coas novas condicións de produción e traballo que trae consigo a situación actual

14/05/20 | 17:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o peso do emprendemento feminino no rural galego e a importancia da industria agroalimentaria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas