Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

03/06/20 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega formación en comercio electrónico a 1200 autónomos para reforzar a competitividade dos seus negocios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con participantes na iniciativa Autónomos Dixitais, na que 420 persoas comezaron xa a formarse neste eido

02/06/20 | 10:37 | C. de Economía e Industria

Galicia recupera en maio a tendencia positiva anterior á covid-19 e volve reducir as cifras do paro e aumentar as afiliacións

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro do último mes, no que a Comunidade se sitúa como a quinta cun mellor comportamento en termos absolutos ao descender o paro en 547 persoas, un 0,29%, fronte ao incremento estatal do 0,69%

01/06/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade a través do Igape Responde

O novo programa ten activados o teléfono gratuíto de información 900 815 151 e o correo igaperesponde@igape.es

31/05/20 | 10:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 14 novos proxectos de pemes galegas que van mobilizar 1,4M€ para a fabricación de medios de protección fronte á covid-19

O Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores avaliou estas novas propostas, ás que a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará preto de 760.000 euros

30/05/20 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 2M€ a innovación na segunda transformación da madeira e o sector contract

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), vén de publicar no DOG a convocatoria, á que se poderán presentar pemes e micropemes ata o 29 de xuño

29/05/20 | 17:06 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 16 millóns para apoiar a autónomos e pemes do comercio, o turismo, servizos e transporte e impulsar a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes

Os agricultores e gandeiros poderán percibir o anticipo das axudas da PAC grazas á colaboración con diferentes entidades financeiras para abrir unha liña de préstamos a interese cero

29/05/20 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta está ao día na tramitación das solicitudes de Ertes presentadas en Galicia, o 96,5% con resultado favorable

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou hoxe do estado de tramitación dos expedientes de regulación temporal de emprego na Comunidade

28/05/20 | 17:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta activará unha aceleradora de innovación específica para proxectos que acheguen solucións fronte á covid-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou esta tarde nun webinario sobre apoios á innovación para pemes que a aceleradora servirá para consolidar novas iniciativas empresariais neste eido

28/05/20 | 16:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 8 M€ a apoiar a traballadores incluídos en ERTE e traballadores a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá coa mesa do diálogo social, na que tamén participan a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT

28/05/20 | 15:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que a decisión de Alcoa San Cibrao é consecuencia da inacción do Goberno e da súa falta de compromiso coa industria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegura que o Executivo galego fará “unha fronte común cos traballadores” porque, segundo di, “a aposta ten que ser o emprego, ten que ser a industria, e o Goberno ten a última oportunidade de rectificar e non deixar á súa sorte a 500 familias”