Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

06/06/20 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os premios Eduemprende Idea 2020 para fomentar o emprendemento entre o alumnado de ensino secundario

O certame impulsa a realización de proxectos empresariais entre o estudantado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas

05/06/20 | 17:53 | C. de Economía e Industria; La Presidencia de la Xunta

A Xunta lanza unha nova liña dotada con 6 millóns para grandes empresas galegas que impulsen a creación de centros de fabricación avanzada

Feijóo informa de tres ordes de axuda que permitirán que os concellos galegos contraten máis de 1.600 persoas sen emprego

05/06/20 | 16:48 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a economía social será un motor da reactivación económica polo seu compromiso coas persoas e o traballo inclusivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde no III Foro Medrando Xuntas que reuniu, de xeito telemático, a un centenar de mulleres vinculadas á economía social galega

05/06/20 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da ciencia e a innovación para dar respostas no novo contexto socioeconómico

A Axencia Galega de Innovación (Gain) informou sobre as convocatorias de apoio á innovación que están actualmente abertas ou próximas a convocarse, mentres que XesGalicia explicou os dous fondos de investimento orientados a dar apoio a empresas innovadoras, Innova Tech e Galicia Iniciativas Emprendedoras

04/06/20 | 17:10 | C. de Economía e Industria; C. de Hacienda y Administración Pública; La Presidencia de la Xunta

Feijóo destaca e agradece as achegas do comité de expertos económicos e o seu compromiso con Galicia para que a pandemia sanitaria non conleve unha profunda pandemia económica e social

Recorda que ao longo destes meses os expertos económicos plasmaron as súas propostas centradas en catro ámbitos: liquidez, relacións laborais, solvencia para as empresas e as actividades económicas, e proposta de dinamización da economía

04/06/20 | 17:09 | C. de Economía e Industria
04/06/20 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que hai alternativas para Alcoa San Cibrao se o Goberno fixa un prezo eléctrico competitivo e un plan de investimentos específico para o sector electrointensivo

Conde avoga por que se destine parte dos fondos de reactivación previstos pola Unión Europea a un plan de investimentos que permita impulsar o conxunto de empresas electrointensivas e salvagardar os postos de traballo

04/06/20 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta establece unha alianza con outros seis gobernos autonómicos para solicitar ao Estado un marco de diálogo no que se acorden novas medidas de apoio á automoción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con conselleiros de comunidades autónomas nas que está implantada a industria da automoción

03/06/20 | 17:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás executivas galegas a apostar pola dixitalización do tecido empresarial para avanzar na reactivación económica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun webinario organizado pola Asociación de Executivas de Galicia

03/06/20 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdad; C. de Economía e Industria

A Xunta presenta aos axentes sociais o paquete de medidas extraordinarias de conciliación para a infancia e a dependencia

Fabiola García sinala que a volta á normalidade fai preciso devolver os servizos de conciliación ás familias atendendo ás medidas de seguridade