Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

17/06/20 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforzará a xestión da planificación territorial e o control forestal coa utilización de dúas innovadoras solucións baseadas no uso de vehículos non tripulados

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na xornada para informar destes proxectos que forman parte do Polo Aeroespacial de Galicia

17/06/20 | 11:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Fundación Paideia Galiza coinciden na necesidade de potenciar os programas formativos para mellorar a inserción laboral das persoas con discapacidade

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro mediante videoconferencia con representantes do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Fundación Paideia Galiza (A Coruña), dedicado á mellorar a ocupabilidade dos colectivos máis vulnerables

16/06/20 | 17:43 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que os autónomos son un motor indispensable para que a economía galega se poña en marcha

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun webinario sobre o proxecto de mentoring no que a Xunta colabora coa Fundación Ronsel no asesoramento de 220 traballadores por conta propia

16/06/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilitará a reactivación presencial dos programas de formación para o emprego que garantan as medidas de seguridade pertinentes

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá na Coruña as instalacións do Centro de Iniciativas Profesionais
(CiP-Formación), onde sinalou a necesidade de recuperar os programas para mellorar a empregabilidade

16/06/20 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica dúas convocatorias de axudas para mellorar as condicións ambientais e laborais no ámbito mineiro

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar dous programas de apoios lanzados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos que se invisten máis de 1,2M€

16/06/20 | 11:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os comerciantes da Pasaxe salientan a importancia de apostar pola formación para potenciar a empregabilidade e reforzar o tecido empresarial

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación de Empresarios A Pasaxe (Gondomar)

16/06/20 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Estudantes do IES Sánchez Cantón de Pontevedra gañan a fase galega do certame de Proxectos Espaciais Cansat

O proxecto dos alumnos do centro educativo pontevedrés proclamouse finalista entre 14 equipos e participará na fase nacional desta competición promovida pola Axencia Espacial Europea

15/06/20 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada á fundación equipo humano o papel central da formación como dinamizadora de emprego de calidade no novo horizonte económico

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá por videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da entidade, dedicada a incentivar a mellora da empregabilidade e a capacitación dos colectivos máis vulnerables

15/06/20 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os autónomos acordan comezar a desenvolver de inmediato as medidas recollidas no Plan de reactivación

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participaron esta mañá na mesa do autónomo para avaliar o Plan de Reactivación Económica

15/06/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os comerciantes de Zona Príncipe coinciden na necesidade de potenciar a formación para mellorar a inserción laboral e fortalecer o tecido empresarial

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación de Comerciantes e Profesionais Zona Príncipe