Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/06/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta vencella a reactivación económica e laboral da construción a un futuro baseado na formación

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Fundación Laboral da Construción

18/06/20 | 17:47 | C. de Economía e Industria

Conde anima ao sector da loxística a apoiarse na dixitalización para gañar en competitividade ante o novo escenario económico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no webinario ‘A función loxística na recuperación económica dos sectores estratéxicos de Galicia’, organizado polo Clúster da Función Loxística

18/06/20 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Explotaciones Forestales Souto Carrillo e Forestal Ángel exemplifican o esforzo do sector forestal galego por gañar en innovación e sustentabilidade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou esta mañá as instalacións que estas dúas empresas teñen na provincia de Lugo para coñecer de primeira man os seus proxectos e avaliar tanto posibles vías de colaboración como as liñas de traballo que se están desenvolvendo

18/06/20 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a hostalería pontevedresa coinciden en reforzar a aposta pola formación como garantía de recuperación laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra

18/06/20 | 11:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende ante os empresarios de Pontevedra que un dos maiores retos das pemes é reinventarse empregando a tecnoloxía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou de no encontro ‘Reinventa a túa empresa’, organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe)

18/06/20 | 11:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima aos hostaleiros lucenses a potenciar a formación como factor diferencial de competitividade e mellora do emprego

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

18/06/20 | 09:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria por 7 M€ dos cheques de dixitalización para facilitar o teletraballo e o desenvolvemento de iniciativas empresariais no rural e a economía social

17/06/20 | 18:02 | C. de Economía e Industria

Conde anima aos 180 proxectos galegos participantes nos coworkings da Xunta e a EOI a seguir adiante e contribuír á reactivación económica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na V edición do ‘Encontro Espazos Coworking’, celebrado de maneira telemática e organizado conxuntamente polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Escola de Organización Industrial (EOI)

17/06/20 | 17:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala á formación como garantía de inserción laboral feminina e de fortalecemento do tecido empresarial compostelán

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá de xeito telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación de Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental

17/06/20 | 17:02 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta aborda co comité de expertos económicos os tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia a través da tecnoloxía, a biodiversidade e a economía circular e verde

“Presentamos tres proxectos tractores deseñados co comité de expertos: viables, con demanda e que teñen moito que ver coa Comunidade e co obxectivo de mobilizar investimento, innovación e emprego”, di o presidente da Xunta