Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/06/20 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por reforzar a dixitalización e as competencias tecnolóxicas para mellorar a inserción laboral a través das lanzadeiras de emprego

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá no webinario das Lanzadeiras de Emprego, que porán en marcha iniciativas de formación dixital na Coruña, Arteixo e Santiago de Compostela

22/06/20 | 14:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno que se una aos traballadores e ao executivo autonómico para lograr que Endesa se comprometa a manter os empregos na central das Pontes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na mesa industrial das Pontes

22/06/20 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao talento mozo a potenciar a súa formación dixital para garantir a inserción laboral e reforzar o tecido empresarial

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou esta mañá no webinario inaugural de “Impulso da empregabilidade”, centrado na mellora das competencias tecnolóxicas e virtuais dos máis novos

22/06/20 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma persoal investigador para concorrer con éxito ás axudas do Consello Europeo de Investigación

A Axencia Galega de Innovación celebrou esta mañá un taller práctico de preparación de propostas enfocado ás convocatorias 2020 deste organismo

21/06/20 | 11:40 | C. de Economía e Industria

O III Encontro do deseño galego abordará o futuro do sector ao servizo da competitividade empresarial

A Xunta reúne de xeito telemático o próximo 29 de xuño a profesionais de prestixio internacional para reflexionar sobre os retos e oportunidades que se abren na relación deseño-empresa

20/06/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2,5 M€ ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, mantivo un encontro para informar das convocatorias destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia

19/06/20 | 15:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A nova Axenda de Emprego de Galicia contará con case 200 M€ para dar resposta ao novo escenario laboral poscovid-19

Prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán a máis de 65.000 galegos e galegas

19/06/20 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a dixitalización é o elemento diferencial que permitirá ao tecido produtivo galego ser máis competitivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no webinario ‘Re-acciona. Negocios que non paran. A dixitalización como resposta á pandemia’

19/06/20 | 15:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) na iniciativa Connect-19, na que poderán participar 20 pequenas e medianas empresas que recibirán asesoramento individualizado

19/06/20 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

Do 27 ao 30 de xuño, empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras traballarán en 5 retos cos que adaptar o tecido empresarial á nova realidade