Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

26/06/20 | 13:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima aos empresarios valdeorreses a fomentar a formación como incentivo para a inserción laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA)

26/06/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pon en valor o papel da muller emprendedora, piar clave para a economía galega

Salienta que o 57,7% da actividade emprendedora en Galicia lidérana mulleres, sendo a galega a terceira comunidade con maior taxa de actividade emprendedora feminina

26/06/20 | 12:06 | C. de Economía e Industria

As pemes poden presentar ata o 10 de xullo a súa candidatura á aceleradora especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao coronavirus Connect-19

No programa da Xunta en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poderán participar ata 20 compañías

25/06/20 | 16:10 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa a creación dos cinco primeiros centros de fabricación avanzada que permitirán ás pemes modernizar a súa produción

Estarán situados na Cidade das TIC na Coruña, na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), no parque empresarial da Sionlla -en Santiago-, e nos concellos de Narón e Vilagarcía de Arousa

25/06/20 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación Alborada coinciden en apostar por programas formativos para mellorar a inserción laboral dos colectivos máis vulnerables

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada (Vigo), centrada en facilitar a empregabilidade dos grupos en risco de exclusión social

24/06/20 | 10:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa un programa de axudas á contratación de remudistas co obxectivo de reter coñecemento nas empresas e talento xuvenil en Galicia

A medida enmárcase nos Acordos do Diálogo Social asinados entre o presidente da Xunta, a Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos CCOO e UGT e forma parte da nova Axenda de Emprego

23/06/20 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo a curto prazo para evitar os despedimentos en Alcoa San Cibrao

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que participou esta tarde na mesa industrial de Alcoa San Cibrao, asegura que os contratos bilaterais promovidos polo Goberno non impiden o peche da planta xa que os seus efectos comezarían a notarse a medio e longo prazo

23/06/20 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao Pleno da Comisión Galega de Artesanía das novas axudas dirixidas a dinamizar o sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou no encontro no que se sinalou que se van poñer en marcha novas iniciativas no ámbito da comercialización e da formación

23/06/20 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a importancia de adaptar o mercado laboral galego ao novo escenario poscovid para favorecer a reactivación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun encontro co persoal técnico de prospección de emprego