Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

05/07/20 | 11:53 | C. de Economía e Industria

Un convenio entre a Xunta e o Ministerio de Defensa permitirá a 150 traballadores do sector da vixilancia e seguridade privada acreditar a súa experiencia profesional

Participarán nunha fase de asesoramento entre a segunda quincena de xullo e finais de setembro e en outubro terán lugar as probas de avaliación que deberán superarse para obter a acreditación

04/07/20 | 16:39 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia unha intervención temporal de Alcoa mentres non se peche unha tarifa enerxética que faga viable a factoría

Feijóo demanda ao Goberno que empregue unha parte dos 10.000M€ aprobados no pasado Consello de Ministros para inxectar capital a Alcoa

04/07/20 | 13:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que o cooperativismo é un motor económico de Galicia ao dar a máxima prioridade ás persoas e promover o traballo inclusivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Cambre (A Coruña), na sede de Vangarda, na celebración do Día do Cooperativismo

03/07/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Conde pon en valor o talento das mulleres para liderar a recuperación económica e acadar unha Galicia máis feminina

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Lugo nun networking con motivo do programa Son Executiva no que participan 400 mulleres co obxectivo de impulsar os seus proxectos empresariais

03/07/20 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa a pemes e autónomos dos apoios de ata 3.000€ para implantar medidas de protección fronte á covid-19 nos seus establecementos

O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron nun encontro coas tres principais asociacións de comerciantes de Santiago para informar dos novos programas Reactiva Comercio e Servizos Seguros

03/07/20 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel clave que desempeñan os orientadores para apoiar a inserción laboral das persoas con discapacidade

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse hoxe por videoconferencia cos responsables da asociación Autismo Bata, con sede en Vilagarcía de Arousa, e da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG), localizada en Vigo

03/07/20 | 12:58 | C. de Economía e Industria

O primeiro hackatón virtual de Galicia premia un supermercado 3D, unha app para feiras virtuais e un dispositivo para minimizar o contacto con superficies

O evento, organizado pola Xunta en colaboración con preto de 40 entidades, celebrouse entre os días 27 e 30 de xuño, co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras para axudar á industria, o comercio e o emprego na nova realidade

02/07/20 | 18:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Banco de España que avalíe as comisións impostas por parte das entidades financeiras aos seus clientes

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) diríxese a este organismo ante as diferentes consultas e reclamacións que se están recibindo en relación con estes cobros

02/07/20 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta recibe máis de 1700 solicitudes nun día para acceder aos apoios á renovación de electrodomésticos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro hoxe con representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos

02/07/20 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Galicia activa novas liñas de financiamento que, cunha mobilización de preto de 180 millóns de euros, facilitarán a transformación do tecido empresarial

Poñerase en marcha un programa destinado ás pemes, especialmente naqueles sectores que precisen reinventarse como consecuencia da covid-19