Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

16/07/20 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a aposta pola orientación e a formación especializada é a mellor vía para a creación de emprego

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe o Concello de Curtis, onde coñeceu o traballo que están a realizar as persoas contratadas a través de diferentes programas autonómicos

16/07/20 | 11:45 | C. de Economía e Industria
15/07/20 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia mediante o programa Galicia Emprende 39 iniciativas empresariais que mobilizarán 6,5M€ na provincia da Coruña

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 1,6 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento

15/07/20 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transición enerxética que sexa realmente xusta e permita crear emprego e novas oportunidades industriais

O director xeral de Enerxía e Minas en funcións, Ángel Bernardo Tahoces participou esta mañá en Ferrol nunha mesa redonda sobre transición enerxética organizada por CCOO

15/07/20 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que traballa para manter unha Galicia competitiva e igualitaria a través da creación de emprego de calidade

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Ourense na presentación do proxecto Emprende Makers do que forma parte a Xunta e que busca fomentar a creación de empresas innovadoras impulsadas pola mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

14/07/20 | 19:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera o seu compromiso coa transferencia de coñecemento e a divulgación da ciencia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Santiago nos premios da Real Academia Galega de Ciencias

14/07/20 | 15:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Xunta e traballadores acordan reclamar por escrito ao Goberno un prezo eléctrico estable e unha auditoría para Alu Ibérica

Solicitan ao Goberno que se traslade á Mesa do Diálogo Social en España a necesidade de establecer un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva

14/07/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia mediante o programa Galicia Emprende 26 iniciativas empresariais que mobilizarán preto de 3,5 M€ na área de Vigo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 747.000 de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento

13/07/20 | 13:40 | C. de Economía e Industria

Seis proxectos do sector alimentario recibirán apoio para a súa consolidación a través da Business Factory Food

As iniciativas seleccionadas na aceleradora impulsada pola Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia accederán a un programa de doce meses de duración que inclúe mentoring, formación, infraestruturas e acceso a financiamento

13/07/20 | 12:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 192 proxectos de biomasa que mobilizarán 2M€ e permitirán un aforro anual de 200.000 euros na factura enerxética das familias do rural galego

As axudas contribúen a contar cunha Galicia máis verde grazas a aforros enerxéticos de 5000MWh ao ano e á redución de emisións de 1500 toneladas de CO2