Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

25/07/20 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas de apoio ao emprego de 3.200 traballadores con discapacidade dos centros especiais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste programa que ten como obxectivo acadar a integración laboral das persoas con máis dificultades para atopar un posto de traballo

24/07/20 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a disposición da cidadanía información detallada e un modelo de reclamación dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia co Consello Galego de Consumidores e Usuarios para avaliar a sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea nesta materia e trasladar as accións do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

24/07/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o seu apoio a unha formación especializada e a medida das necesidades do tecido produtivo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en Ames aos alumnos e alumnas que participan no obradoiro e no programa integrado de emprego

23/07/20 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a anticipación seguirá a ser un elemento clave na loita contra a pandemia e na reactivación económica e social

Expresa o convencemento de que a empresa familiar ocupará un papel fundamental na reactivación

23/07/20 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
23/07/20 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a súa aposta pola transformación dixital para a recuperación do mercado de traballo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Santiago de Compostela no webinario #AutónomosDixitais e nun encontro virtual sobre empregabilidade dixital

23/07/20 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a formación dos directivos como chave para a mellora da competitividade e o impulso da industria 4.0 ante o novo contexto económico

O director do Igape, Juan Cividanes, compartiu parte da súa xornada de traballo cun estudante lugués de Administración e Dirección de Empresas e salientou o impulso do Goberno galego á capacitación do persoal directivo das pemes

23/07/20 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia asegura que o deseño sairá reforzado na era poscovid-19 como ferramenta de transformación e competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, abriu esta mañá o segundo encontro virtual do ciclo ‘A era poscovid: redeseñar o mundo’

22/07/20 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ferrol que a modernización das oficinas de emprego permite facer máis accesible o servizo á cidadanía

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá a oficina de emprego de Ferrol-Esteiro na que a Xunta levou a cabo unha remodelación integral cun investimento próximo ao medio millón de euros

21/07/20 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove unha reflexión colectiva co fin de aproveitar os fundamentos do deseño para a transformación cara a unha Galicia máis innovadora

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vedra (A Coruña) no primeiro obradoiro do ciclo ‘Deseño para a transformación’