Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

30/07/20 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A nova aceleradora Connect-19 impulsará 20 proxectos de pemes innovadoras con solucións fronte á covid-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia na presentación da nova incubadora que facilitará ás empresas o seu acceso a maiores mercados

29/07/20 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do Programa Reactiva Comercio e Servizos Seguros

O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron hoxe nun encontro dixital con pemes e autónomos organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

28/07/20 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Conde sinala en Monforte que a clave para a recuperación económica é gañar en competitividade a través da dixitalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na localidade lucense nun networking organizado por Aje Lugo, en colaboración coas asociacións de xoves empresarios de Galicia e Ourense

28/07/20 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega 924.000 euros para contratar a 38 técnicos de orientación laboral en Lugo que prestarán servizo en concellos e entidades en ánimo de lucro

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a convocatoria de axudas, da que se benefician 24 administracións locais e 13 entidades

28/07/20 | 14:03 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta garante que seguirá a defender a mobilidade dos veciños de Monforte e demandando ao Goberno de España que repoña os servizos ferroviarios suspendidos pola covid-19

Ethel Vázquez destaca que Galicia “leva tempo sendo castigada” nos servizos de tren, e Monforte “dobremente discriminada”, xa que a covid-19 está a ser empregada como escusa polo Goberno para eliminar o 80% dos servizos

28/07/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia ofrecerá un taller de creación e patrimonio na catedral de Tui dentro do festival Música no Claustro

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da programación da XIV edición deste festival que se celebrará do 1 ao 7 de agosto

27/07/20 | 21:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE de Alcoa San Cibrao para avaliar a posible proposta dun investidor

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde por videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa na que por primeira vez o Goberno central anunciou que existe un posible comprador para a planta, e Alcoa a súa vontade de iniciar un proceso de venda

27/07/20 | 20:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilita a tramitación das reclamacións dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Estrada nun encontro informativo sobre a devolución dos gastos hipotecarios organizado pola Federación Galega de Euroconsumo

27/07/20 | 12:54 | C. de Economía e Industria

Conde sinala que a formación e o emprego son o camiño para a integración das persoas que precisan máis apoio

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu hoxe o traballo que desenvolve a empresa de inserción laboral Grupo Dill en Lugo que traballa con menores e persoas desempregadas en risco de exclusión social

26/07/20 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede 6,7 M€ para a contratación de 276 técnicos que realizarán labores de orientación laboral en concellos e entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución desta orde de axudas que beneficiará a 94 entidades locais e 44 sen ánimo de lucro