Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

13/10/22 | 13:51 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade organiza en Madrid un curso de especialización en viños de Galicia dirixido a sumilleres e profesionais da restauración

A iniciativa, que terá lugar os vindeiros luns 17 e martes 18 de outubro, busca difundir a potencialidade dos viños con este selo de garantía

13/10/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias celebra a apertura de quince novos negocios no casco vello de Vigo e lamenta a ausencia do concello e a súa falta de apoio aos emprendedores

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu este xoves o consello extraordinario do organismo autónomo no que se completou o proceso de alugueiro dos baixos para actividades comerciais e culturais

12/10/22 | 16:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma a súa aposta pola colaboración interrexional para impulsar a transformación dixital e a innovación na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, pon en valor como unha das fortalezas do ecosistema galego de innovación a cooperación e reivindica os fondos europeos Next Generation como unha oportunidade para impulsar a transición dixital desde a cooperación e a especialización intelixente

12/10/22 | 11:18 | C. de Economía e Industria

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir de mañá, 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que estará dispoñible para os clientes desde o 24 de outubro

10/10/22 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a plataforma experimental de eólica mariña vai permitir xerar coñecemento e I+D+i para o despregamento deste sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron hoxe unha reunión na Autoridade Portuaria da Coruña para avaliar o protocolo xeral de actuación para a posta en marcha deste proxecto piloto

10/10/22 | 12:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede axudas por máis de 7.000 euros a tres axencias de viaxes de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, visitou hoxe o establecemento Zafiro Tours, en Fene, que percibiu unha achega para a adquisición e mantemento de equipamento informático e a creación de contido para redes sociais

10/10/22 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos empresarios do Porriño as distintas liñas activadas este ano para reforzar a competitividade do tecido produtivo

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no Networking Galicia Empresa con empresarios no Polígono da Granxa onde salientou, entre outras, as posibilidades que ofrecen a convocatoria aberta dos IFI Innova, que facilitan proxectos innovadores de pemes

08/10/22 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

Este programa, ao que se destinan preto de 2 millóns de euros nesta segunda edición, está dirixido ao tecido empresarial e a centros de innovación e tecnoloxía, financiando os custos de contratación da persoa doutoranda, estadías no estranxeiro e gastos relacionados co proxecto tanto na universidade como na empresa

07/10/22 | 15:06 | C. de Economía e Industria

Galicia conta co primeiro parque eólico experimental para solucións de autoconsumo que se pon en marcha en España

Conde subliña que este proxecto vai supoñer unha oportunidade para achegar ao sector novas solucións tecnolóxicas e de I+D+i que o fagan máis eficiente