Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

12/08/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa novas axudas por 330.000 euros para impulsar a comercialización dixital do sector artesán galego

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou hoxe en Santiago de Compostela os apoios para eventos comerciais en liña, que buscan facilitar a adaptación aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto

12/08/20 | 12:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por que a mocidade galega teña acceso a unha formación adaptada ás novas necesidades do mercado laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe os alumnos e alumnas que participan no Programa Integrado de Emprego que desenvolve a Asociación Agarimo

11/08/20 | 10:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta chama ás pemes galegas a participar na nova convocatoria do proxecto europeo C-Voucher

Trátase da primeira iniciativa financiada pola Comisión Europea que distribúe 4,2M€ para promover a economía circular nas cadeas de valor das empresas e na que a Administración autonómica, a través de Gain, participa como socio
 

10/08/20 | 13:05 | C. de Economía e Industria

Pemes e autónomos poden solicitar ata o 17 de agosto as axudas do programa da Xunta Reactiva Comercio e Servizos Seguros

Esta iniciativa contempla apoios de ata 3000 euros para implantar nos negocios medidas de protección fronte á covid-19, que poden ser novas ou xa realizadas desde a declaración do estado de alarma

10/08/20 | 11:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas do novo programa de formación dixital dirixido a desempregados maiores de 45 anos

O programa Sénior dixital conta cun orzamento de 500.000 euros para a impartición de cursos de formación de 70 horas de duración distribuídas ao longo de tres semanas

07/08/20 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 111 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da quinta edición do programa Principia destinado a impulsar a contratación de persoal de ata 35 anos e a impulsar o desenvolvemento da súa carreira profesional

06/08/20 | 21:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela en Curtis á dinamización e á dixitalización do comercio local como motor da reactivación económica

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, asistiu esta tarde á presentación do Club Comercio de Curtis, unha iniciativa con 20 locais de distintos sectores do concello promovida pola Asociación de Comercio deste concello

06/08/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

O 10 de agosto remata o prazo de solicitude das axudas para a contratación de persoas técnicas especialistas nos organismos intermedios

As axudas contan cun orzamento de 8M€ e teñen como finalidade proporcionar persoal especializado que poida asesorar ás pemes en materias relacionadas coas necesidades xurdidas da covid-19

05/08/20 | 13:50 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o reto do sector do comercio pasa por achegar ao cliente un valor engadido a través da dixitalización e as medidas de seguridade

Subliña que esa é unha das principais prioridades da Xunta a través do programa Reactiva, que recolle axudas por 16M€ para que os establecementos comerciais, turísticos ou empresas de transporte poidan instalar as correspondentes medidas de protección

04/08/20 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Outeiro de Rei o seu compromiso coa eficiencia enerxética e o respecto medioambiental fomentando a construción en madeira

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, visitou esta mañá unha vivenda promovida por Maderas Besteiro, a primeira da provincia de Lugo que aspira a obter o certificado Passivhauss

A Administración galega mantén aberto o prazo de solicitude para axudas que fomentan o uso da madeira na construción, rehabilitación e desenvolvemento de proxectos e produtos