Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/09/20 | 11:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a difusión das mellores estratexias de deseño de marca para adaptar os negocios ao novo escenario

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza o terceiro encontro virtual do ciclo “A era poscovid: redeseñar o mundo” o vindeiro 24 de setembro

18/09/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia colabora nunha nova edición do Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas

A agrupación gañadora do certame recibirá unha gaita do obradoiro Gaitas Gil e un tamboril do obradoiro Sanín Percusión Tradicional

18/09/20 | 11:12 | C. de Economía e Industria

O XX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira reunirá esta fin de semana a tornería europea nunha edición online

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, colabora un ano máis con esta iniciativa que permite poñer en valor este oficio tradicional

16/09/20 | 14:20 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia contará cun parque industrial que albergará unha quincena de hangares dos que, os dous primeiros, de Indra e Babcock, xa están en construción

O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación puido comprobar a marcha da primeira fase das obras, na cal xa se está a traballar sobre unha área inicial de 3.000m²

16/09/20 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta reúnese con expertos da Comisión Europea para abordar as consecuencias das medidas do Plan de recuperación para Europa en Galicia

A Fundación Galicia Europa acolle a primeira dunha serie de encontros baixo o nome ‘Galicia na recuperación económica europea’ dirixidos aos directores xerais dos distintos departamentos da Administración autonómica

15/09/20 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Unha nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego busca poñer en valor o sector ao tempo que se dinamizan as vendas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña, que a Xunta impulsa ata o 30 de setembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio

15/09/20 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos novos emprendedores propostas para que o tecido empresarial galego lidere o salto dixital necesario para lograr a recuperación económica

O Goberno autonómico leva activado, desde o inicio da pandemia, 26M€ en medidas para o impulso da dixitalización que xa recibiron preto de 4250 solicitudes

14/09/20 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A segunda convocatoria da incubadora de alta tecnoloxía Bioincubatech pecha mañá o prazo de solicitude

A aceleradora apoiará 22 pequenas empresas e proxectos no ámbito das ciencias da saúde e a biotecnoloxía alimentaria

14/09/20 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a USC promoven mesas de diálogo cos principais sectores produtivos galegos para analizar as vantaxes da dixitalización

O obxectivo dos encontros, que se inician o próximo mércores, é diagnosticar e potenciar o impacto positivo destes procesos no contexto provocado pola covid-19