Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

30/09/20 | 11:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do Plan Moves e fomentar a mobilidade eficiente e sostible

O programa, xestionado pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, conta cun orzamento de 5M€

29/09/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
29/09/20 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a economía circular entre as pemes a través do proxecto europeo C-Voucher

A convocatoria 2020 deste proxecto europeo, no que a Axencia Galega de Innovación (Gain) participa como socia, está aberta ata o 30 de outubro

29/09/20 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta a incubadora de descubrimento temperán de fármacos como exemplo de colaboración público-privada da I+D no sector da saúde e da biotecnoloxía

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, a directora científica da Fundación Kaertor, Mabel Loza, e o director de I+D de Janssen, Antonio Gómez, participaron nunha mesa redonda no Bio Investors Day 2020 organizado pola Asociación Española de Bioempresas (Asebio)

28/09/20 | 17:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a formación especializada como clave para impulsar a competitividade da Industria Forestal Galega

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde nun curso sobre tecnoloxía LIDAR organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia co apoio da Xunta

28/09/20 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega preto de 250.000 euros a dez empresas lucenses para actuacións de mellora da eficiencia enerxética

As axudas rondan o 50% do investimento en proxectos para a substitución de iluminación, caldeiras e outro equipamento

26/09/20 | 14:30 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que os premios Semente demostran que Galicia emprende e que o fai poñendo de manifesto as oportunidades que ofrece o rural

Considera que estes recoñecementos son un bo síntoma de que a pesar das difíciles circunstancias actuais “Monforte e A Ribeira Sacra non paran, nin Galicia para”

25/09/20 | 13:37 | C. de Economía e Industria; C. de Sanidade

A Xunta destaca a resposta da I+D+i galega á pandemia poñendo todo o seu talento e coñecemento ao servizo da sociedade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe nunha xornada na que se expuxeron máis dunha vintena de proxectos que se están a desenvolver na Comunidade

24/09/20 | 19:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

Bota a andar en Melide a campaña 'Os nosos produtos, en galego'

O secretario xeral de Política Lingüística e a directora xeral de Comercio e Consumo participaron este serán na mesa redonda de presentación desta iniciativa