Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

14/10/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta apunta ao fomento da certificación forestal como panca para impulsar a bioeconomía e mellorar a competitividade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá en Arzúa nun curso sobre esta materia organizado pola Asociación Forestal de Galicia (AFG)

14/10/20 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o novo laboratorio de fabricación avanzada do CTAG permite á automoción galega seguir impulsando a industria 4.0

O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño no V Simposio Internacional de Robótica Vestible, no que o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) amosa os seus avances neste ámbito

13/10/20 | 14:05 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta conta xa con sete proxectos para avanzar no camiño que marca Europa cara a unha recuperación verde, dixital, inclusiva e social

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión constitutiva da comisión Next Generation Galicia, que se vai encargar de supervisar a folla de ruta galega para optar ao Fondo Europeo de Recuperación

13/10/20 | 11:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica os domingos e festivos nos que as grandes superficies comerciais poderán abrir no 2021

Como cada ano, trátase de dez días que foron consultados pola Administración autonómica coas principais organizacións do comercio dos consumidores

12/10/20 | 09:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta formará as redeiras artesás galegas na creación de pezas para a moda

O curso 'Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos' desenvolverase a partir do 24 de outubro en Buño (Malpica de Bergantiños), impartido pola deseñadora Rosalía Castro

11/10/20 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de innovación e deseño

Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia económica, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas

09/10/20 | 17:46 | C. de Economía e Industria

Galicia quere anticiparse e axustar os seus proxectos tractores aos obxectivos que marca a Unión Europea para captar máis fondos no novo marco 2021-2027

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro por videoconferencia co director xeral adxunto de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, Normund Popens

09/10/20 | 15:48 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia que a Xunta traballa nunha Lei de reactivación da economía co obxectivo de converter Galicia nun bo lugar para investir

"Estamos xa a traballar nesta lei porque a tramitación administrativa non pode ser un problema, senón que ten que ser un acompañamento legal ás empresas, para que con seguridade xurídica se poidan instalar no ámbito territorial”, di

09/10/20 | 11:24 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia organiza un curso online para formar os profesionais do sector en marketing dixital e xestión de redes sociais

A iniciativa, que comezará o 22 de outubro, contará con sesións de asesoramento personalizado para cada alumno

08/10/20 | 21:41 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o papel da ciencia na Galicia de hoxe e do mañá e destaca o investimento de 12 millóns para apoiar a investigación e produción de equipos de protección contra a pandemia

Subliña que os galardoados esta tarde coas Medallas de Investigación e cos Premios de Investigación Ernesto Viéitez son parte da excelencia de Galicia, ao igual que o homenaxeado Andrés Comerma