Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/10/20 | 13:45 | C. de Economía e Industria

Conde anima ao Cetim a colaborar no desenvolvemento do Polo para a Transformación de Galicia co que a Xunta opta aos fondos europeos de recuperación

Subliña que a Xunta está aberta a escoitar todas as manifestacións de interese que proveñan do tecido empresarial e dos centros de coñecemento para materializar novos proxectos

19/10/20 | 11:19 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta os produtos certificados

Leche Río (Lugo), Conservas del Noroeste (Vilaboa) e as adegas Gran Bazán (Vilanova de Arousa) e Finca Millara (Pantón) forman parte xa das máis de 135 empresas galegas que contan co distintivo de garantía

18/10/20 | 10:30 | C. de Economía e Industria

Empresas e centros de coñecemento presentan materiais innovadores creados en Galicia para o sector do contract

A Xunta ten aberta a inscrición para o novo workshop do ciclo ‘Materiais para o futuro’, que terá lugar o 22 de outubro

17/10/20 | 10:07 | C. de Economía e Industria

Conde aborda coas empresas de enxeñería a futura Lei de reactivación económica de Galicia e as posibilidades que pode ofrecer ao sector

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, mantivo esta semana un encontro coa Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)

16/10/20 | 17:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Lugo que o carácter familiar das pemes da industria forestal é unha das claves da súa fortaleza

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nun encontro sobre remuda xeracional organizado pola Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

16/10/20 | 14:53 | C. de Economía e Industria

Tres candidaturas galegas optan como finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2020

O obradoiro téxtil de Rir&Co (Allariz) e o taller de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, opta ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato

15/10/20 | 14:51 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que Galicia recuperarase antes e será máis competitiva na medida en que sexa capaz de afondar nos acordos alcanzados cos axentes sociais e económicos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, clausurou en Teo o 5º Congreso da Federación de Industria, Construción e Agro de Galicia UGT-FICA

15/10/20 | 13:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a certificación forestal como garantía para os consumidores e aposta pola competitividade desta industria

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nunha xornada organizada en colaboración coa entidade certificadora PEFC

14/10/20 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a capacidade de transformación e a iniciativa do sector téxtil galego ante os retos do novo contexto

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial ‘O futuro da moda na nova realidade’